Terra Nai
(p/ Antonio Rey)
Podes estar en Bos Aires ou en Nova Iork,
en Panama ou Caracas,
na Cidade de Mexico ou Santos,
en Montevideo ou Valparaiso,
en Gotemburgo ou Zurich…
Calquera sexa o lugar do mundo onde mores
e a ocupación que teñas,
cada día lembraras a túa terra.
Coma galego ben nado,
saberas de onde provés,
e seras, na latitude que esteas,
un embaixador do teu pobo.
Nunca esqueceras as doces palabras aprendidas
na calor do teu fogar
e que te irmandan cos outros galegos da diaspora.
Non veras só na tua terra unha paisaxe pintoresca
a que volves nos verans, se esta ao teu alcance,
non quixeras ter dela unha imaxe degradada.
Galicia será sempre a terra amada
e ti o seu fillo
que a leva na súa alma.