p/ Manuel Lago Alvarez.
O 27 de marzo de 1908, a Gaceta de Madrid publicaba a Lei de Ferrocarriles Secundarios. A nova lei, sen duda podería pasar desaperciba para os muradáns, pero non foi así. O apéndice da lei facía referencia ao novos trazados que se ían por en construción, i entre eles, unha línea que saíndo da cidade de A Coruña, pasaría por Carballo e chegaría a Corcubión, con un percorrido de 105 kilometros.
Mais de un ano despois, a Gaceta de 31 de decembro de 1909, publicaba a Real Orde pola que se resolvía abrir concurso de proxectos para o ferrocarril estratéxico de Coruña a Corcubión por Carballo. A Real Orde precisaba con claridade as caraterísticas do novo vial: que se proxectaría con vía única de un metro de ancho; que as pendentes non deberían exceder de vinte milésimas e o radio das curvas non baixaría de 120 metros; que o ferrocarril debería dotarse de material apropiado para o transporte de pezas de artillería de 4500 kilogramos de peso máximo e de catro metros e 20 centímetros de largo na súa maior lonxitude, etc. A citada RO, concedía de prazo ata o 31 de agosto de 1910 para a presentación de proxectos.
E visto, que o que pareceu os muradáns unha de tantas promesas, desas moitas as que estaban acostumados, tomaba visos de que ia ser unha realidade, as forzas vivas da localidade mobilizáronse para solicitar do Goberno da nación, que a chegada do tren a Vila de Corcubión non quedará aí, e que se ampliara a Muros; e de Muros a Noia, Padrón e Santiago. Para que a petición tomara forza o concello de Muros, presidido por D. Joaquín Iglesias Calderón convocou unha gran xuntanza en Muros, á que acudiron mais de mil persoas. Nesta xuntanza estiveron presentes os edís de Muros, xunto con outros do seu partido xudicial e os de Corcubión e Noia. Nese acto reivindicativo acordouse por aclamación: .-1.- solicitar que a nova línea a Corcubión chegase ata Muros e que fora incluída como de vía ancha no plan de ferrocarriles do Estado. 2.- Interesar como mais convinte que se convertira tamén en vía ancha a vía estreita concedida xa para construír o ferrocarril da Coruña a Corcubión. 3.- Solicitar dos Poderes públicos, representantes en Cortes e na provincia, persoas amigas de recoñecido valemento, de calquera filiación política, e da prensa, o mais eficaz apoio os anteriores acordos. Tamén se acordou pedir os deputados polos tres partidos xudiciais de Corcubión, Muros e Noia, que prestaran todo o seu apoio ata conseguir que fora construído sobre o río Xallas a ponte da carretera de Corcubión a Muros, como unha mellora urxentísima para unir os dous partidos e desa maneira fomentar os seus intereses.
A petición fíxose, pero a cousa quedou ai. Pasaron os anos, e nin o tren chegou a Corcubión, nin moito menos chegou a Muros. Como tantas veces Muros perdeu, (e nunca mellor dito), o tren do progreso.