As tallas da parroquial de Muros

P/Manuel Lago Alvarez
No altar maior da parroquial de Muros, e rodeando a imaxe gótica de Santa María do Campo, hai un conxunto de catro releves con motivos da vida de Cristo. As catro pezas, presentan diferentes tamaños. As tres mais grandes miden 127×76 cm, mentres que a pequena 112×80 cm. As tallas representan catro esceas da vida de Cristo: A Adoración dos Pastores, A Adoración dos Magos, A Presentación no templo, e Cristo ante os Doutores. As tallas propiamente ditas están rodeadas por marcos de madeira iguais en grupos de dous, co mesmo tratamento pictórico de estarcido marrón. O estarcido non e unha práctica habitual para pintar marcos xa que e un procedemento de calco que consiste en debuxar unha figura que se quer reproducir en un papel groso, furando o seu contorno con furadiños finos moi cercanos entre si, e golpeando logo coa bolsiña que contén o pó-pintura, lógrase o efecto. Puxera que o autor pretendera lograr coa técnica do estarcido, que os marcos de madeira tivesen o que hoxe en día chamamos o efecto <martelé>.
Picture36As tallas están realizadas en madeira, sendo difícil identificar de que tipo, pero de seguro que non foi precisamente unha madeira nobre e dura xa que os xilófagos actuaron con ganas. A madeira, logo foi estucada e policromada. As zonas con ouro recibiron un tratamento diferente, xa que sobre o estucado aplicouse unha capa de bol roxo e sobre este e as laminas de ouro.
As pezas foron restauradas no ano 2001, xa que o seu estado era moi malo. Presentaban descamacions case xeralizadas na totalidade das policromías, así coma perdas de material (escamas) importantes, que nalgún dos releves acadaban zoas moi amplas. Pola parte traseira todas presentaban un recubrimento de tablóns que unha vez separados, deixaron a vista a parte traseira orixinal, cas madeiras policromadas en verde e unidas por chuletas. Unha das tallas presenta unha inscrición a lapis que di: «Fueron restauradas en 1925 en Santiago po J. Otero», esta inscrición confirma que as tallas non presentan unha policromía orixinal, senón que están completamente repintadas e tratadas neste momento de 1925. Os marcos, deben ser desta época, así coma o repinte e os tratamentos de consolidación da parte posterior que presentaban dous dos releves, que tiñan unha espesa capa de xeso cubrindo a case totalidade da obra recheando as zonas desaparecidas pola extensa actividade dos xilófagos. As pezas tamén se atopaban moi deterioradas pola antiga actividade dos xilófagos, hoxe extinta, pero que no seu dia provocaron a perda de consistencia mecánica nun grao moi considerable.
A día de hoxe, as tallas parecen ben conservadas. A ubicación actual e a apropiada; a parede este do presbiterio e a que menos humidade concentra, e o sistema de suxeición axuda a que a parte traseira dos cadros non estea en contacto directo coa pedra.

Picture38Picture37

Picture39Picture40

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s