Xokas Figueiras, recollido en patrimoniogalego.net
Tipo de ben: Cruceiro , Concello: Muros Parroquia:Louro Lugar:Louro Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII) ,
Descrición:
Situado no centro do Claustro do Convento de San Francisco. A cruz non ten crucifixo, de forma octogonal rematada en picos floreados, sostense sobre un capitel esquinado, tendo a cada un dos seus catro lados unha estrela de oito puntas (repítese en numerosos cruceiros do Concello). O fuste cilíndrico sostense sobre unha basa que a súa vez se sostén sobre dúas gradas, sendo a basa a terceira. Ramón de Artaza apunta a que a súa feitura podería corresponder coa do claustro, o cal ostenta nun dos seus lados a inacción do ano 1646.
Propiedade: Privada Uso actual: Outros Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Tradición oral: Referencias bibliográficas:
Historia de Muros y su distrito .- 2ª edic. .- Ramon de Artaza Malvarez http://ww.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUROS/documents/22396CA016.pdf