Así funciona o 061 de Galicia

Francisco Javier Mayo Veloso

Operador na Central de Coordinación do 061, Técnico en Transporte Sanitario, Instructor de Soporte Vital Básico por SEMES-AHA

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi creada o día Imagen394 de decembro do ano 1995 polo Goberno de Galicia, ante a necesidade de desenvolver unha estratexia de resposta ás urxencias sanitarias.

Ten por obxecto a realización de actividades de xestión, coordinación, consultoría, asistencia e transporte de pacientes, docencia e investigación, prioritariamente, en materia de atención extrahospitalaria no caso de emerxencia e urxencia sanitaria; no campo dos coidados críticos e na atención sociosanitaria, promove a eficacia, eficiencia e seguridade do sistema sanitario. Para tal fin, xestiona a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias, regulada pola Orde do 9 de outubro de 1995.

A CENTRAL DE COORDINACIÓN do 061 (CCUS 061) está ubicada en San Marcos (Santiago de Compostela). No ano 2012 dispón dos seguintes recursos:

No ano 2012 atendéu un total de 1.064.153 chamadas (que veñen sendo unha media de 2.915 por día). Básicamente está composta polo seguinte personal:

Médicos coordinadores: encargados de dar a resposta sanitaria máis axeitada a cada unha das demandas que entran na Central de Coordinación, mediante a súa análise e resolución, optimizando a xestión dos recursos dispoñibles.

Teleoperadores: reciben a chamada e realizan a clasificación.

Locutores:Imagen38 mobilizan os recursos que lle indican os médicos e fan o seu seguimento. Así mesmo, fan o seguimento do localizador/GPS.

Non tódalas chamadas rematan en mobilización de recursos. No 2012 un 39 % non se mobilizóu recurso fronte a un 65 % onde se mobiliza recurso.

¿Qué percorrido fai unha chamada ó 061?

O servizo 061 ponse en marcha cando un cidadán, en situación de urxencia ou emerxencia sanitaria, algunha testemuña desta urxencia ou un membro dun servizo público ( policía, bombeiros, etc.) marca o teléfono do 0 6 1 para solicitar axuda.

A chamada entra na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia, e é atendida por un teleoperador que lle pregunta ao alertante en primeiro lugar polo motivo da chamada e, posteriormente, polos datos de localización do doente. Unha vez confirmado o motivo e contido da demanda, solicítanselle ao alertante (se procede) os datos de filiación do doente. Simultaneamente, o teleoperador traspasará a chamada ao médico (consultor, MER ou xefe de sala en función da clasificación realizada). Tódo este proceso está protocolizado.

O médico coordinador identificarase e comezará a interrogar ao alertante en función do motivo da chamada para obter información ao respecto e parImagen40a facer a anamnese. En función da valoración realizada polo médico da Central tralo interrrogatorio telefónico, este asigna unha resposta á demanda que pode ser con ou sen mobilización de recursos.

Ao mesmo tempo que se asigna a resposta o médico coordinador informa o doente da forma na que considera se debe resolver a demanda, indicandolle ao alertante as recomendacións que ha de seguir co doente e, no caso de requirirse a intervención dalgún tipo de recurso asistencial, o recurso enviado.

Nos casos nos que a demanda se resolve con mobilización de recurso o médico ordenalle ao locutor a activación do recurso seleccionado.

Gracias a unha potente plataforma informática todo este proceso é simultáneo para tódolos membros da sala polo que a frase «mentres falamos a axuda xa vai de camiño» é realmente certa.

Fontes:

Memoria anual do 061 ano 2005, Memoria anual do 061 ano 2012, Elaboración propia

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan, Mediciña y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s