Ditos e refráns

p/ José Manuel Formoso Luces
Un refrán é un dito popular e anónimo de carácter sentencioso. É unha forma de sabedoría popular que se emprega tanto no fala coloquial como na linguaxe literaria. O refrán ten unha longa tradición na cultura muradana, e o seu uso e de sempre.
Picture26Como frase de orixe popular é repetida tradicionalmente de forma invariable, e na cal se expresamos un pensamento moral, un consello o unha ensinanza; particularmente o refrán está estruturado en verso e rima, en asonancia o consonancia. Un vello refrán dí “nunca te deitarás sen saber unha cousa mais”, e para facer boa esa máxima vou procurar recoller refráns de uso cotidian e explicar o seu significado.
O que non sabe calar, non sabe falar:
Este refrán alude a charlatáns e voceiros cos que resulta imposible dialogar, e dicir, manter unha conversa entre dous. A nosa lingua acuñou o dito <diálogo de besugos> para referirse a dúas persoas que falan e non se entenden, precisamente porque non se escoitan.
A palabra e a pedra solta non teñen volta:
De novo a sabiduría popular avisa sobre a necesidade de falar con prudencia, pois ninguén logrou recuperar e calar o que se dixo, tanto mellor será calar para non arrepentirse despois.
Cada un na súa casa e Deus na de todos:
Este coñecidísimo refrán ven a resumir os anteriores. A prudencia chama a manterse nos límites que nos son propios, desta maneira mantense a boa armonía, evítanse as envexas e disensións e se reserva a privacidade dos asuntos propios, esencial na conduta do home prudente. Esta expresión tamén fai referencia a lexitimidade que cada quen ten para facer o que lle guste no seu ámbito sen ter que soportar consellos ou emendas dos demais.
Mais atan papeis que cordeis:
O refraneiro non esquece que as palabras lévaas o vento, e dicir, poden non contituirse como verdadeira obrigación, pero que os contratos e os acordos explícitos obrigan legalmente. Por iso a sabiduria popular avisa e recomenda a prudencia nos compromisos firmados.
Cando as barbas do teu veciño vexas  pelar pon a as túas a remollar:
Este coñecidísimo refrán ensina a observar as desgrazas alleas e a estar prevenido ante as que nos poden acontecer a nós. A referencias as barbas e moi significativa: no mundo clásico e na Idade Media a barba indicaba honor, valor e poder. A maior afronta entre mouros e cristiáns era tirarse das barbas. De aquí que, rirse ás barbas dun, signifique burlarse con afronta e desprezo

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s