Entevista a Tono Beiro

por Jorge Lago de Pexejo

É de rigor presentar a todos os entrevistados, pero Tono Beiro apenas necesita carta de presentación pois é tan coñecido aquí na súa terra adoptiva como na que deixou xa hai bastantes anos para buscar como todos nós na diáspora mellores oportunidades e conseguiuno. Home de familia, traballador infatigable e metido de cheo nas actividades culturais da colonia galego-muradana de Nova York e sempre coa inquietude do que está acontecendo no seu Louro natal. Empecemos a conversación e deixemos que sexa él o que nos diga un pouco da súa vida antes de decidir virse aos EUA e consecuentemente a súa Picture10traxectoria newyorkina.

J.L._ Tono Beiro, ti estudaches na Escola Náutica de Vigo, polo tanto un asumiría que o teu destino sería o mar. Como é que viñeches a parar a Nova York?

Tono Beiro ._ Pois a vida que da muitas voltas. Apareciume a oportunidade de quedar en terra con 22 anos alquilando unha discoteca, pero era mui novo para tanto ajetreo, vin dar unha volta a ver o que habia e xa ves, 29 anos na América.

J.L. _ Pois si, unha historia que se repite constantemente e que a pesar das súas variantes a todos nos é familiar.
Cal foi a túa primeira impresión do páis, gustoute, decepcionoute, tiveches momentos de mandar todo a paseo e volver ou polo contrario adaptáchesche inmediatamente anticipando que este era o país onde tiñas máis ou menos asegurado o teu futuro?

Tono Beiro._ A verdade é que fui duro a pesar de que sempre tiven axuda tanto familiar como ter a sorte de coñecer amigos que ainda perduran como tales, pero unha vez que conseguín un traballo mais ou menos estable sí me dei conta de que acertara co meu porvir.

J.L._ Sen dúbida que fai máis levadeiro adaptarse cando te encontras rodeado de xente que coñeces. Supoño que como é habitual ao chegar aquí, xa empezaches a traballar sen case te dar tempo a desfacer a maleta.

Tono Beiro._  Pois non, o meu primeiro traballo por casi dous meses fui facer a compra coa miña sogra e ir a lavanderia coa miña filla,  tempos mui duros para un rapaz que quería comer o mundo. Pero gracias que arredor meu sempre hubo mui boa xente, o final conseguín meterme nun mundo laboral apasionante.

J.L._ Cóntanos.

Tono Beiro._ Pois empecei no ramo da construccion e traballei hasta fartarme, pero un bo día decidín facer uns cursos de planos, un de topgrafia e algún mais e a partir de ahi cambioume a vida totalmente, conseguín un traballo que me gustaba e no cal disfrutei muito.

J.L._ E remataches realizando o “Américan Dream”: Ser propietario. Ao pouco tempo cambiaches a Queens polo condado de Nassau como dono dunha preciosa casa.

Supoño que iso marcaría un antes e un despois, un xeito de aceptar que un xa é máis de aquí que de alá, facer fogar e botar novas raíces onde fuches a buscar mellores oportunidades.

Picture11Tono Beiro._ Pois realmente non, a de Nassau xa era a segunda casa que normalmente xa é a que pensas que será a definitiva, pero eu no teño tan claro porque na miña testa sigue a idea de sentar a miña base final na nosa terra, sempre desde o máximo respeto e cariño o país que me axudou a logralo.

J.L._  Sempre mantiveches vivo ese desexo de volver á terra, e o transcorrer dos anos non minorou o teu afán de seguir en contacto coa túa xente, co teu Louro. As túas visitas a Muros foron constantes e periódicas e antes do fenómeno de facebook  e os medios sociais, esperábase o teu retorno para poñerse a o día do que estaba pasando alá.
A túa casa foi e segue sendo tamén sitio de xuntanzas inesquecibles polo simple feito de celebrar algo e de estar cos teus, signo inequívoco da túa xenerosidade que se demostra cumpridamente pola gama de manxares coa que agasallas a os que che visitan e que sempre son en clave galega xa sexan callos, polbo, lubrigantes, centolas…

E tamén estando aquí estiveches sempre envolvido en diversas actividades que ofrecen as asociacións culturais que temos aquí.

Con isto quero resaltar o grande apego que mantiveches sempre por todo o noso e agregar que descubriches outra faceta das moitas que posúes cantando no coro de Casa Galicia, teño que decir que o fas moi ben. Cómo foi que te meteches a cantar?

Tono Beiro._  Eu son un home que me gusta muitisimo unha boa cea, un bo seran e unhas boas cantareas,  sempre por suposto rodeado duns bos amigos!! como que me quedei un pouco no pasado. Unha cousa que non me costa nada e cociñar para 10 ou 20 sempre que a compañia vala a pena.

O da coral ven desde que un bo dia un tal  señor Valentín, director da coral de Noia ven o Instituto recruitar xente para unha coral xuvenil e escolliume cantando “las flechas del amor” de Karina. Por certo que éramos uns cuantos muradáns, Maricielo de Louro, Manola do Cabo, Naso (DEP) e un fenómeno como era o fallecido e ben querido Manolo Siaba. Con tanto talento ganamos dous anos seguidos o concurso de Nata, na Coruña e Santiago. Anos máis tarde D. Manolo daquela director da coral de Muros chamoume para cantar con eles o que fixen pero solo actuei unha vez na Iglesia de Muros  e xa que daquela crucei o charco. E fai uns 3 ou 4 anos gracias o empeño de dous amigos metinme na coral de casa Galicia na que estou encantado da vida!

J.L._ Iso parece, ademais tedes un director entusiasta e de moito talento.
Pero non te limitas só ás actividades corais, ademais de ser membro do comité da Glosa, o teu saber facer foi instrumental para que os muradanos na diáspora newiorkina lle desen tan boa benvida á alcaldesa de Muros e agora estás metido de cheo organizando un acontecemento que require moito talento loxístico ademáis de dedicación, refírome a facer posible a visita do grupo folclórico Ximiela.

Tono Beiro._ O do comité de Glosa é un traballo no que non ganas nunca porque cando se toca o tema dos cartos a ninguén lle gusta que lle miren onde os mete ,en canto o tema da alcaldesa fui relativamente fácil ainda que non tivemos muito tempo nin posibilidades de facelo o sábado que traeria mais xente, pero ao final saliu todo mui ben. O tema de Ximiela e muitísimo máis complexio xa que traer 30 personas a NY cos precios que se gastan as Iberias de turno é un proxecto que require muito diñeiro, pero en eso estamos traballando. Temos unha cea o 19 de Abril na casa Galicia, andamos vendendo rifas e estamos en conversas co centro Orensano de Newark e co Circulo Español de Queens para entre todos lograr este objetivo. O mestre da coral Alberto Carbonell e un fenómeno, solo hai que mirar o seu nome en Google e xa ves que é un músico con cualidades propias ademáis de ser músico de estirpe.

J.L. _ Ti pensas que hai suficiente entusiasmo na colonia muradano-newiorkina e os seus estados periféricos como para facer viable tal empresa? Refírome por suposto ao proxecto de traer a Ximiela a Nova York.

Tono Beiro._ Entusiasmo eu diría que non, pero entusiasmados hai algúns e eses poucos vamos tratar de que os demais se enreden e facelo posible, xa o falamos na primeira xuntanza que tivemos, se fora fácil xa o farían outros, pero as cousas que custan son as que o final che dan máis satisfaccións.

J.L_ Segundo teño entendido a visita de Ximiela será en Outubro e de seguro que nos van a ofrecer un espectáculo memorable. Dado o esforzo que estades a poñer e anticipando que o entusiasmo non diminúa, este evento vai a crear un precedente e supoño que non será a primeira nin a última institución artístico-cultural muradana que nos visite.

Tono Beiro._ Ese e o noso obxetivo, si podemos traelos, toda diáspora poderá disfrutar deles. A nosa idea final e poder crear un Dia de Muros en NY. Si esto nos sale ben, a xente ainda se motivará máis.

J.L._ As motivacións case sempre dependen dun bo liderado e dotes persuasivos que ti demostras cumpridamente. Felicítote e felicito ao mesmo tempo a todos aqueles que colaboran desinteresadamente para facer posible o que estades a tratar de lograr.

Cambiando de tema. Ti que nunca deixaches de estar a cabalo entre NY e Muros e xa vas alcanzando unha idade na que inevitablemente un ten que pensar nese mañá que está á volta da esquina. Pensas retirarte en Louro, quedar en NY ou mentres cho permitan os anos en ambos os dous sitios?

Tono Beiro._ O primeiro supoño que un pouco o cabalo, pero máis tempo en Galicia que aqui, pero a miña illusion e quedar na terra, xa levo anos abondo fora! A min e a miña dona gústanos muito viaxar e aproveitaremos para facer algun viaxe que temos pendiente.

J.L._ E afortunadamente xa non vos falta moito para cumprir ese desexo. A túa traxectoria por USA foi frutífera e chea de satisfaccións, espero que sigas gozando de todo o bo que a vida che ofreza e que todos os teus amigos o compartamos contigo.

Agradézcohe que participases un pouco da túa vida connosco. Moita sorte e seguímonos vendo.

Por último e xa para rematar ahí che vai o Cuestionario de Bernard Pivot.

J.L_ Cál é a túa palabra favorita?

        Tono Beiro._  Honestidade

J.L._ Cál é a menos favorita?

         Tono Beiro._ Paro

J.L._ Qué te emociona?

Tono Beiro._  Calequer cousa relacionada coa miña terra

J.L._ Qué son ou ruído che gusta?

Tono Beiro._ O da gaita

J.L._ Qué son ou ruído detestas?

Tono Beiro._ A xente berrando

J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?

Tono Beiro._  Favorito non teño ningún

J.L._ Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer?

Tono Beiro._ Periodismo

J.L._ Qué profesión non desexarías facer?

Tono Beiro._ Mineiro

J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?

Tono Beiro._  Que polo menos intentei ser unha boa persona

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en Entrevistas y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s