p/Jorge Lago de Pexejo
Rosario Piñeiro é unha muradá de Esteiro, unha persoa que pertence a ese conxunto de mulleres que renegan ser encadradas en ningún pre-concepto. Autodidacta, inqueda e decidida a involucrarse, mellorarse e mellorar o mundo no que lle toca vivir. Aínda que a coñecín brevemente, impactoume o seu xeito directo, a súa desenvoltura e espontaneidade. Se as primeiras impresións son as que contan, axiña me decatei de que a nosa conversación sería digna de continuala e compartila cos nosos lectores.
J.L._Rosario, é un pracer falar contigo outra vez. Dixéchesme que eras a maior de cinco irmáns aínda que fuches criada como «filla única». Pódesme aclarar tal contradición?
Rosario Piñeiro._ Tiven a sorte ou desgraza (según se mire) de que me criaran meus avós maternos, sorte porque nunca me faltou de nada, vivía entre «algodóns», desgraza por non disfrutar da convivencia cos meus irmans. Recordo con sete, oito anos, cando preguntaban na escola polos irmans e dicia que eu tamen os tiña os compañeiros non me creían…, a pesares de que vivian no Freixo (o ladiño) a finais dos sesenta non era tan cerca como hoxe…
J.L._ Ben, o de contradición solteino por ser inquisitivo, pero esa realidade deuse en moitos casos de familias numerosas e os avós adoitaban ser polo xeral candidatos moi voluntariosos para adoptar algún da prole. Cóntanos algo da túa nenez, das túas inquietudes ao crecer.
Rosario Piñeiro:_Fun una nena feliz, o que mais recordo e boto de menos é os xogos na rúa, cánto non temos xogado… o churro, arranca pinos, as canicas, as chapas, a goma, a corda, a estornela (hoxe en día xogamos de vez en cando). Fun sempre un cú inquedo, dende que recordo xa sempre andaba metida en todo, a escola non me gustaba moito,( pero polo contrario, SABER é o meu), Ricardo Regueiro, o meu mestre de ximnasia, fixo que amase o deportes de base e en verdade era boa deportista, con él fixen atletismo, voleibol, baloncesto… Pepe Agrelo, meu MESTRE de todo, foi una das persoas que mais me ensinou, mais me marcou nos camiños que despois cos anos fun seguindo.
J.L._ Ás veces non é o que che ensinan nas escolas, é o que se aprende dalgúns mestres. Non es a primeira esteirá que nomea ao mestre Agrelo nestas páxinas e do seu efecto en moitos ds seus alumnos. Tamén fuches a estudar coas monxas a Noia, supoño que terá sido unha experiencia diferente á de Esteiro.
Rosario Piñeiro._ Agrelo foi unha persoa moi importante para a gran maioría dos seus alumnos e dos veciños. Soubo ser mestre e compañeiro.
O paso polas monxas, a verdade é que si foi unha experiencia moi diferente, alí seguían crendo que vivía Franco, a pesares de levar dous anos enterrado… tamén tiñamos profes «laicos» que estaban máis na realidade que se vivía neses momentos de transición… (falamos que era o ano 1977). Estando en Noia (con catorce anos) entramos en contacto con ERGA (estudantes revolucionarios galegos) e con un mundo novo para nos, daquela non nos «quixeron» en ERGA, hoxe podo dicir que foi unha sorte, a pesar diso, ese contacto fixo que prendera a semente nacionalista que xa tiña gardada
J.L._ !Ah! Eses anos de curiosidade e experimentación foron tan decisivos na nosa formación. Tí e os da túa xeración tivestes polo menos a sorte de deixar atrás unha época que chegaba á súa fin e participar no futuro doutra máis prometedora. Xa pronto decidiches que non querías someterte máis á rutina escolar e de bastante nova quiseches manifestar o teu dereito a decidir casándote aos 17 anos. Se fose hoxe e coa experiencia que nos dan os anos ¿Houbéraste decidido por casarte tan xoven?
Rosario Piñeiro._ PARA NADA… os tempos eran outros, como ben dís é moi diferente aos de hoxe en día. Non me arrepinto de habelo feito, de tódalas maneiras non lle recomendo a ninguén que o faga tan cedo, con eses anos quedan moitas cousas por facer, moito que vivir sem ataduras e despois xa non é o mesmo. Unha ventaxa que si teño que recoñecer, é cando as miñas amigas empezaban a criar os fillos, nos xa eramos «libres», pero auga pasada non move muiño…
J.L._ É verdade, auga pasada non move muíños, pero tamén é verdade que o pan de onte e o viño dun ano a ninguén fai dano. Mentras que os requisitos de parentesco foron cumpridos sendo aínda moza e o teu interese por outros mesteres seguiu inalterable, involucrácheste i estás “metida” en todo. Fainos coñecer un pouco dese todo no que estás envolta.
Rosario Piñeiro._ Pertenzo dende fai dez anos a un grupo de axuda mútua de país que perdemos fillos, RENACER-BARCELONA.ORG, son a presidenta da A.A.V.V. Parameán de Esteiro dende fai case oito , dende fai ano e medio a secretaria da CMVMC Sta Mariña de Esteiro. Como representante de calquera das tres asociacións son totalmente APOLITICA. Agora bén como Rosario estóu COMPROMETIDA con CxG, teño moita ilusión neste novo proxecto político, creo nel, creo que se pode facer política honradamente, CxG ven a encher ese oco que os partidos existentes foron facendo o irse esquecendo da cidadanía e tan só pensar nos seus propios intereses.
J.L._ Viviches a vida temperán, pero tamén ésta te azoutou cruelmente a temperá idade. Sen querer pecar de insensible, ¿Podería pedirche que nos falases de como che beneficiou persoalmente pertencer ao grupo RENACER-BARCELONA.ORG?
Rosario Piñeiro._ Pertencer e participar no grupo renacer-barcelona.com , para min foi unha tabla de salvación, entender e ver a VIDA, dado que cando pasamos por esta experiencia a vida acabase, queres que o mundo se pare!!! pero non o fai, a vida o noso arredor SIGUE… Falar con pais sen medo a que lle dera magoa, que estiveran pensando que a dor me volvia tola, que «eles» non serían capaces a soportalo… se non que todo o contrario ENTENDIANME sabían perfectamente do que falaba e polo que pasaba, foi a mellor terapia. Temos que ter en conta que estamos «preparados» para enterrar os avós, os país,(os nosos ascendentes),a nosa parella, pero enterrar a un fillo/a eso non entra na nosa cabeza!!!! eso no é posible!!! E por desgraza somos moitos os pais que o temos que facer.Sentimonos tan perdidos que nin temos unha palabra para definirnos, cando che more un pai es orfo, se é a parella viuvo…E CANDO E UN FILLO QUE ES?? Neste grupo non importa por ou como perdeste o teu fillo, aquí o importante é que os pais quedamos sen eles… Toda a axuda que recibes no grupo acabas devolvéndoa.
J.L._ É indubidable que te axudaron a enfrontarte á vida con valor renovado, a proba é que estás metida noutras actividades de carácter comunitario. Presidenta dunha asociación de veciños, secretaria da comunidade de montes… e tamén comprometida coas ideas políticas de CxG.
Déixame aproveitar para darche a noraboa pola tua valentía . Eres a segunda muller entrevistada en esta revista e teño que decir que Muros pódese sentir moi orgulloso por estar tan ben representado.
Rosario Piñeiro._ Podo decir ben alto que o valor humano que atopei en RENACER-BARCELONA.com volvín a atopalo en CxG , eu que estaba asqueada da política e dos políticos en xeral, non me podía crer que me houbera atopado con quen se atrevera a formar un partido político cunha base na honestidade e no valor sinceiro e comprometido coa cidadanía …e esto non son palabras que digo eu ,son feitos que vemos diariamente o longo do noso País .
J.L._ Dános tamén unha idea de que se trata a tua labor como secretaria dá comunidade de montes.
Rosario Piñeiro._O mellor de estar ahí, é o traballo no monte cos animais a sensación de liberdade que che da estar alí arriba… a miña labor dentro da Comunidade de Montes é a mesma ca de calquera dos meus compañeiros, según o noso tempo libre no lo permite, subimos uns ou outros o monte, pois temos vacas cachenas e cabalos de pura raza galega, os cales necesitan que se «visiten» de vez en cando. A parte «deronme» o titulo de secretaria, para que ningún deles tivera que andar con papelo (jajajaja) esta labor consiste en buscar subencións, prepara as asembleas, escribir as actas, levar os rexistros dos animais… o que che dicía: papeleo.
J.L. Xa me queda pouco espazo para seguir esta charla tan amena que sinceramente me doe ter que ir dándolle fin, pero as esixencias do editor son incuestionables. Cédoche a última palabra antes de someterte ao habitual cuestionario co que sempre remato as miñas entrevistas.
Rosario Piñeiro._ Foi un pracer esta «charla», quedan moitas cousas no tinteiro, moito que decirnos, pero teremos tempo!!! Grazas a TMT e as persoas que o fan posible, co tempo (pouco) TMT será un referente do noso concello, das nosas xentes dentro e fora. Un saúdo.
J.L._ Grazas a ti Rosario por compartir connosco un pouco dá túa vida e ás túas inquietudes. Estou seguro que moitas persoas se sentirán identificadas contigo e outras veranche como un exemplo a seguir.
Aí che vai a primeira pregunta dun cuestionario que a pesar de ser xenérico, di moito do individuo que as responde.
J.L_ ¿Cal é a túa palabra favorita?
Rosario Piñeiro._ VIDA
J.L._ ¿Cal é a menos favorita?
Rosario Piñeiro._ Pasividade
J.L._ ¿Que te emociona?
Rosario Piñeiro._ Todo ,ata as cousas mais pequenas da vida.
J.L._ ¿Que son ou ruído che gusta?
Rosario Piñeiro._ As risas.
- J.L._ ¿Que son ou ruído detestas?
Rosario Piñeiro._ Cando se lle grita a un neno ou a un vello
- J.L._ ¿Cal é o teu xuramento favorito?
Rosario Piñeiro_ ¡!cajonamarequeosfixo,carallo!!!
- J.L._ ¿Que profesión ademais da que exerces che gustaría facer?
Rosario Piñeiro._ A dicir verdade creo que non boto en falta ninguna, como «ama de casa» pasei por todas e co inqueda que son fago todo o que me gusta…
- J.L._ ¿Que profesión rexeitarías facer?
Rosario Piñeiro._ Verdugo.
- J.L._ Se o ceo existe, ¿Que te gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?
Rosario Piñeiro._ Non me gustaría que me recibise Deus, gustaríame que estiveran esperándome os meus e me dixeran : Sabíamos que volverías a nos !!!