Muiño de vento da Agra

p/ Xokas Figueiras

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Campo de Cortes – Miraflores
Outra denominación do ben: Os Muíños de Vento
Cronoloxía: Século XIX,

Descrición:
Picture27Situado na zona denominada “Agra do Alcalde” érguense os restos dun muíño de vento edificado a finais do século XIX e que traballou ate as primeiras décadas do século XX. Debido a boa aceptación dos cultivos de millo na zona, os muíños de río quédanse insuficientes e varios particulares edifican outros tipos de muíños como sería este o caso.
A torre cilíndrica, de pedra, érguese sen ningún tipo de plataforma a unha altura de 3,5 metros. O diámetro interior mide 3,3 metros é os muros teñen unha anchura de 0,75 m. Unha única porta orientada S.E. e unha xanela na planta superior. Tamén presenta como curiosidade un zocalo de 60 centímetros de altura cunha forma achafranada. As velas serian de lona fixas nunha cuberta xiratoria.
Este exemplo, xunto co do Casuco ou da Punta Sampedreño, na parroquia de Tal, son os dous que aínda sobreviven (so a estrutura), mais existe constancia e restos de polo menos sete muíños de vento no Concello.
Para chegar a el saímos dende a ermida do Espírito Santo no Campo das Cortes collendo a pista forestal que conduce a Taxes. Unha vez pasadas as Cortes do Gando collemos o primeiro desvío a man dereita que leva a Miraflores, a escasos 300 metros do cruce nun montículo a man dereita vense os restos deste muíño.
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Os vellos do Campo das Cortes lembran este e mais outro muiño situado a poucos metros do cal xa case non quedan restos e chamanlle a esta zona “Os Muiños Do Vento”.
Referencias bibliográficas:
Bas, Begoña: “Muíños de marés e de vento de Galicia”. Fundación Barrié, A Coruña 1991.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Debido ao seu abandono a comezos do seculo pasado xa so quedan en pe as paredes e para chegar a el e necesario meterse “campo a través” debido a gran cantidade de maleza que cobre o lugar.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s