p/ Manuel Lago Álvarez
O apelido Muros e de procedencia galega, con casas solares que radicaron precisamente na vila de Muros. Hai contrastados antecedentes da presenza de xentes co apelido Muros, con anterioridade os anos 1.400. Os seus compoñentes mais destacados engadiron os seus nomes, o toponímico de «Muros». Parece ser que seu orixen fixase en don Diego Rodríguez de Muros, nado polos anos 1.300, xa que con anterioridade os desta familia aínda non usaban o patronímico Muros. Un dos personaxes mais famoso desta familia foi don Diego de Muros, que foi chamado «Muros I» que foi bispo de Tui e Cidade Rodrigo e que tomou o hábito da Mercede en Salamanca o 21 de maio de 1.472. As armas do escudo nobiliario son: en campo de prata con unha cruz potenzada de gules.
En España hai 863 persoas censadas co apelido Muros e aproximadamente 858 persoas que levan este apelido, co que, Muros, e o 4.902º apelido más frecuente en España.
Estas persoas viven en 52 provincias. Na coruña son 11, e estas once, están censadas todas en Muros. Ningún outro concello de Galicia ten ningunha persoa censada co apelido Muros. O maior número de aparicións dáse en Granada: 378. Outras provincias con abundantes aparicións son: Barcelona (161), Madrid (79), Sevilla (48), Málaga (35), Córdoba (18), Valencia (13), Xirona (15), Alacante (11), así como Illas Baleares (22).
O apelido Muros aparece recollido polo Cronista e Decano Rey de Armas, Don Vicente de Cadenas y Vicent, no seu «Repertorio de Blasones de la Comunidad Hispánica», iso significa que o liñaxe Muros ten armas oficiais certificadas por Rey de Armas. Dito “Repertorio de Blasones de la Comunidad Hispánica” e a maior obra de heráldica española, onde aparecen os apelidos coa súa heráldica como o apelido Muros ordeados alfabeticamente, cos seus escudos.
Tamén, Julio de Atienza, no seu «Nobiliario Español», recolle a heráldica e historia do apelido Muros. Esta obra e de gran importancia para a heráldica xa que recolle a historia, probas de nobreza e fidalguía dos apelidos e liñaxes entre os que está o apelido Muros. Tamén figura o apelido Muros no «Diccionario Heráldico y Nobiliario de los Reinos de España» de Fernando González Doria, aínda que presenta menos datos do apelido Muros que o «Nobiliario Español».