Teatro na Vila

p/ Antón Lameiro

A influencia positiva que exerce calquera actividade artística dentro dunha comunidade é esencial no seu desenvolvemento, e non debe ser desestimada polo moito ou pouco profesional que ésta sexa. Tanto a mestría de Ximiela como aImagen64 desenvoltura de Aquelando Teatro, ou o entusiasmo da Asociación O Rumial son un reflexo das enquedanzas, do xenio, e do ben facer que como pobo compartimos. A expresión artística de nos mesmos. Cando un pobo ou unha comunidade celebra e aprecia as artes, o xeito que temos de organizarnos ou ata de divertirnos toma unha perspectiva diferente, máis creativa e máis sensible si se quer, útiles o fin de contas para conservar o noso pasado e trazar o noso futuro. A nosa vila ten unha longa e consolidada fama de titiriteira: O Enterro do Facundo, as Xornadas da Cultura Mariñeira ou a Cabalgata de Reises serían os vivos exemplos que a acreditan, e o Teatro Mercedes, que data dos primeiros anos do século pasado, vería sendo a proba máis sólida de tan longa afinidade. ¿Como sería a primeira obra que se representou en Muros? ¿cántos ocurrentes muradanos e muradanas non farían xa as delicias dos seus conveciños? DesgraciadamenteImagen65 non contamos con suficientes referencias históricas da vida cultural na Vila por aquel entón, xa que naqueles anos dábaselle máis importancia a enxalzar os santos ou a conmemorar gloriosas efemérides do que a promover a ilustración. O meu primeiro recordo dramático data de cando eu tiña sete ou oito anos e as catequistas de Serres montaron un Belén vivinte con un final donde todo-los nenos pasábamos a bicar os xeonllos do Neno Xesús. O dramatismo da única función resultou, como era de esperar, máis própio do Éxodo ou do Pentateuco do que do Nadal, xa que na vindeira semana falouse máis da gripe que pegamos a maioría dos rapaces do que da sacra e contaxiosa posta en escea. O que si recordo de millor agrado é a incursión que a Sociedade Cultural Muradana (2) dirixida por Gestal fixo no ano 1967, e que como todo mundo sabe rematou instaurando a Cabalgata de Reises (1) ata o día de hoxe. A sua contribución o teatro local pódese considerar pioneira xa que é a primeira referencia que temos da formación dún grupo de teatro como tal. Foron bastantes as obras e non menos os lugares a donde chegaron ca picaresca muradana. Pezas que, anque non eran do repertorio galego – sainetes de Arniches e de Alfonso Paso na maioria- de seguro estaban personificadas co noso esparamexo e ca nosa natural gracia pesca; xente ca “disposisión” de Carola de Miraflores, Pepe da Alivía, Jorge de Pexejo, ou As Sereiras conformaban o elenco, co que xa vos podedes imaxinar a natureza e o humor que tiñan estas obras. Co tempo chegarían a codearse co Grupo Tespis de Noia que xa levaba máis anos na escea teatral, pero ca transición política e os avatares da vida chegarían a disolverse, deixando un baldio na farándula local. En 1980 o Grupo de Teatro Caracusta (4) tomaríalles o relevo. Os 80 foi unha década moi rocambolesca: Dende a Xunta repatriaban a Castelao os mesmos que outrora o exiliaran, «Os Resentidos» reclamaban un Vigo capital Lisboa e na Vila, cún cine de Carcamán recén pechado, o desasosego cultural empezaba a botar raices. É importante deixar claro que o grupo de teatro que funcionou na Vila por casiImagen66 unha década (1980-1989) non naceu como unha actividade extraescolar do Instituto, Caracusta xurdeu dunha boa idea na que nos embarcamos uns cuantos mozos de Muros: a Asociación Cultural Limiar. Adolescentes todos, ningún tíñamos mais de 20 anos, compartíamos duas cousas, fomentar a lingua galega e o amor pola nosa Vila. Por suposto que unha das formas máis acertadas que se nos ocurreu para xuntalas foi o teatro, pero como ningún de nós tiña moitas tablas nin tampouco noción alguha da dramaturxia galega, resolvemos que sería moito máis factible seguir a liña dos nosos precursores e achegarnos o público con unha obra máis afín o contexto que nos tocaba vivir, algo que xa todos lésemos na escola ou vísemos na televisión. Eu tiña grabados uns cuantos programas da serie dramática de TVE “Estudio 1”, e como a iñorancia é tan confiada como atrevida, embarqueime nada mais e nada menos que na adaptación da “Historia de una Escalera” de Buero Vallejo. Un drama costumbrista que ten ¿unha vila mariñeira por escenario?. Elo aí o bo que ten o teatro é que, como unha horta en campo, sempre que se lle boten ganas pode dar moito de seu. Nembargantes no mundo da escea a habilidade de saber acomodar o público é tan recurrente como calquer método que se use para asombrar este. Non sei si pola sorpresa de verse representados no escenario ou por que moitos recoñecían as roupas, os mobles e a utilería que arrepañáramos polos feados da vila, a obra foi un éxito total. Cunha Praza da Pescadería abarrotada e unha noite de agosto canicular, o noso entusiasmo xuvenil desbordou toda-las expectativas e acabamos representando a obra xa non só varias veces na bisbarra, sinon tamén

en Mazaricos, Carnota e ata en Santiago. E obrigado decir que o éxito do Grupo de Teatro Caracusta debeuse primeiramente o esforzo dos que formábamos a Asociación Cultural Limiar, asi como o patrocinio do Concello e o oportuno apoio do finado alcalde Xosé Lago; pero a verdade é que nada desto tería sido posible sin a colaboración dos veciños da Vila. Xente como Totola, Mari Loli da Posa, Maria a peluquera, Maria de Romaxe, e un bo lote de voluntarios que co seu afán desinteresado vestiron, peitearon e amoblaron as diferentes esceas para deleite de todos nós. Co altruismo e a participación da xente, especialmente a dos máis novos, a Asociación Cultural Limiar conseguiu tamén recuperar o tradicional Enterro do Facundo, que tiña xa un cántos anos que nos se facía, e que por sorte séguese a celebrar ata o dia de hoxe. As artes en xeral e o teatro en particular xogan un papel moi importante no desenrrolo da xuventude, xa sea interpretando un personaxe ou colaborando ca posta en escea, as suas vidas enriquécense durante o proceso e toda a comunidade beneficiase desto. Nunha segunda etapa de Caracusta, logo de disolverse a Asociación, a A.P.A. do Instituto contratoume para dalle clases de arte dramático os alumnos de BUP e de FP, e foi aquí donde descubrín que o potencial teatral que ten o pobo de Muros é algo xa de por sí xeneracional. Os rapaces cos que traballei durante este novo periodo marcaron para sempre a miña vida, e podo decir que aprendín eu máis deles do que eles de min. Moito podería falar destes anos, pero xa que foi este outro episodio na vida de Caracusta vámolo a deixar para outro capítulo. No que sí me gustaría matizar é que nos casi dez anos que levamos facendo teatro nunca nos faltou nin a colaboración da xente nin o entusiasmo dos rapaces que se apuntaban a traballar en cada nova producción. E aínda que os contratempos non foron poucos, especialmente logo de que eu me metera na política, a experiencia dramática foi 100% constructiva. Seguramente por que o teatro é unha das poucas expresións artísticas que non se pode levar a cabo individualmente sinon en comunidade, todo resultou, a maiores, armonioso, aínda que tamén controversial; un reflexo da vida, o fin de contas. Talvez por iso como pobo sería bo repasar de vez en cando a política cultural de Galicia, si queremos algún día chegar a entender o noso verdadeiro drama.Imagen63

“Maria Da Marea”, unha das obras que representamos, é unha alegoria de Galiza donde os persoaxes distancianse entre si, non só xa polo fato de que úns falan en galego e outros en castelán, sinon tamén por unha notable aotomarxinación que os define. Na escea 4, logo de que Maria volta de America para casar co pai do seu fillo, alguen pregunta: – ¿E esa rapasa de quen ven sendo? -E filla de Tona da Jalorcha e disque de Don Pasqual Massó. -¿A que anda cos peixes? -A mesma! -Pois vaites que che tuvo ben boa sorte… ,mira ti que ir casar co fillo de Don Leandro o aboghado. -Rindo co dighas. Para non ser máis que filla de porta aberta…

PD- Falar de teatro na Vila é non mencinar o Mestre Agrelo é como falar do mar e nunca embarcarse. Pero aquí xa nos saimos dos límites do teatro local para entrar no profesional. E esto son palabras maiores.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s