1908:Roubo sacrílego na igrexa de Abelleira

p/ Manuel Lago Alvarez

En outubro do ano 1908 produxose na igrexa de Santo Estevo de Abelleira un roubo de obxetos relixiosos. Comunicados os feitos ao Sr. Arcebispo, este dispuxo que na dita igrexa se celebrase con asistencia do clero da tabla unha solemne Imagen4función de desgravios, con exposición do Santísimo, sermón e o maior número posible de comunions.

Logo de recibidas as intrucions do Sr. Arcebispo, o párroco da fregresia puxo en coñecemento do clero da tabla o ordenado e pideu aos párrocos que se dignasen asistir á función relixiosa coas imaxenes das súas parroquias, que na dita igrexa de Abelleira foran profanadas. Secundada a idea por todos, o día 11 de outubro pola tarde deron principio as confesións nas parroquias, reanudándose na mañá do día 12, día en que se celebrou a función.

A igrexa de Abelleira revisteuse coas súas mellores galas, sen que por iso deixase de presentar un aspecto de desolación, notándose as súas portas destrozadas, entreabertas as dos camaríns das imaxenes e estas, desmanteladas unhas, e outras sen as súas coroas y sen adornos. As nove e media da mañá empezaron a chegar a dita igrexa as procesións, sendo a primeira a das parroquias de Tal e Esteiro, coas imáxenes da Santísima Virxe do Carme e a dos Dolores. A Igrexa atopábase repleta de xente cando chegara esas imáxenes e oubo necesidade de ordenar que saíran gran parte delas para que puidesen entrar, excitando os sentimentos do pobo en tal forma, que non pido conter a súas bágoas e o llanto foi xeral, chorando homes e mulleres. Inmediatamente notouse un inmenso xentío que chegaba procesionalmente da Vila de Muros, presidido polo Arcipreste e párroco, e autoridades locais, traendo a fermosa imaxe do Santísimo Rosario. Daquela xa era sumamente difícil pasar ao templo, atravesando a muchedumbre que invadía o adro, e solo a duras penas pudo a imaxe ser colocada no sitio preparado para ela no interior do templo.

Seguidamente o párroco celebrou a misa de Comunión e ante a dificultade de que todos os fieis se acercase aso presbiterio a recibir a comunión, o sr cura deuna no altar e o reverendo sr. Arcipreste no fondo da igrexa nun sitio reverentemente preparado ao efecto, entrando a xente por unha porta e saíndo pola outra. Comulgaron mil e pico de persoas, distribuíndose con este motivo na ex-colexiata de Muros, parroquias de Louro, Serres, Tal, Esteiro e Torea, unhas novecentas comunions, según datos dos respectivos párrocos.

As doce deu comezo a Misa solemne, previa exposición do Santísimo, pero vendo que o templo non daba cabida nin a oitava parte da concorrencia oubo necesidade de celebrala á porta, oficiando o presbítero José Mayo, sendo ministros os reverendos párrocos de San Mamede de Carnota e Santiago de Tal.

Fixo a escolta a forza do posto de Muros, presidida polo seu xefe e rematada a misa quedou exposto o Santísimo, estando constantemente chea de xente a igrexa velando o SS.

As dúas notouse a chegada da procesión da parroquia de Serres que entraba coa imaxe do Sagrado Corazón entoando himnos ao Señor, e unha vez no templo o párroco cos seus feligreses fixo pública protesta do sacrilexio cometido na igrexa de Abelleira.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s