Carta aos RRMM dun Amado muradán nado en Burgos

Carta aos RRMM dun Amado muradán nado en Burgos e amante confeso das muradáns, das Naturezas, digo J)

Queridos Reyes Magos de Oriente a Occidente: Este ano fomos moi bós, así que imos pedirvos unha chea de cousas que, como non son só para nós, publicamos nesta benquerida revista por raro nome THE MUROS TIMES, para que Imagen5conste e perdure que pedidas vos quedan, agora, vós veredes, meus maghos Magos. Velai vos van:

Deixade, porfa, enriba da mesa das propostas a debatir no Pleno do Concello de Muros, a da PROHIBICIÓN DE ACTUACIÓN EN TODO O TERMO MUNICIPAL DE CIRCOS CON ANIMÁIS.

Que o esteiro de Esteiro sexa promocionado e coidado como merece: cuns pasales que sirvan para pasar, cunhas ribeiras que se podan pasear río arriba, cunha publicidade para veciños e visitantes da súa beleza e riqueza en animáis e prantas…

Poñede nas mochilas ou bolsillos dos aficionados a camiñar monte arriba, praia abaixo, sexan paisáns ou sexan foráneos, unha pouca de EDUCACIÓN, cando sexa que non veñan con ela da casa. A suficinte e necesaria para que non lles dea por ir deixando un rastro de envases e lixos de toda clase polo monte ou pola praia.

Que a Lagoa de Louro sexa tratada e coidada como a xoia da coroa que é da Natureza de Muros. Se a tivesen outros pobos emprendedores, sería foco turístico de atracción nacional e máis alá.Imagen15

Que funcionen los EDAR (sexamos realistas: xa que cremos nos RRMM, pidamos imposibles)

Que a Montaña Encantada de Esteiro (Rutas de “A Pedra do Cadro” e brañas) sexa declarada de interese turístico nacional (xa estamos lanzados a pedir imposibles). Un paseo virtual pola que vai a braña vese neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=WvzUcN3OdF0))

Que á xa tradicional Travesía a nado á Illa da Creba (levamos dúas edicións) participen os arroases todos da ría

Que no Outono se recuperen as Xornadas Micolóxicas en Muros, que non todo vai ser marisco, home.

Que o IES de As Insuas expoña a COLECCIÓN DE CUNCHAS que levóu do colexio Ricardo Tobío de Esteiro (mentras, podedelas ver neste blog: http://cunchasdemuros.blogspot.com.es/)

Que alguén publique un libro sobre as volvoretas muradáns, que mira que che son juapiñas. Xa postos que outro alguén publique un libro sobre as aves da beiramar muradán. Coma non hai dous sen tres, que o terceiro publique unha guía sobre os cogumelos da bisbarra… Hala, hala, que saian libros das flores, das árbores e da fauna toda de todo o término municipal. Que de herbas e de bichos ben podemos presumir, oh! Eu poño o meu gran de area ofrecendo as entradas de O BLOG DE AMADO: HERBAS, BICHOS E DICHOS (http://amado-amadoblog.blogspot.com.es/)

  1. Que a Illa de A Creba sexa declarada Patrimonio da Humanidade (por pedir que non quede)
  2. Que tomemos as uvas do finde do 2015 nun Concello sen circos animáis. E xa postos, Que os Circos con Animáis sexan prohibidos pola Xunta de Galicia en todo o territorio nacional, digho jalejo.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas, Vivencias y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s