p/ José Manuel Formoso Luces.
Cando eramos novos, si chovía moito ou había seca os rapaces saiamos a rúa cantando coplas pedindo remedio a tales males; que males eran si moito chovía ou moito sol había para as terras. Hoxe xa non se leva facer tal cousa… pero hai van unhas poucas das que eu lembro:
dádenos auga pra a terra.
Santa María do convento
dádenos sol e bó tempo.
San Roquiño do sombreiriño
dádenos auga para o milliño.
Las hierbas no nacen
Y los corderitos
Se mueren de hambre.
—o—
Auga, auga, Virxen María
Porque a terra a pedía.
Para que Dios nos de o sustento.
—o—
Santo Dios de mi corazón
Dádenos auga pola vosa Pasión
Polas vosas llagas
Dádenos auga Divino Xesús.
—o—
Arco de paz — vaite de ahí
Cas mozas bonitas — non son para tí:
Vaite chuvia — vente sol
Polos campos dárrebol
Que che chama — teu padriño
Para arrolal — o meniño
Que cha de dar – pan e viño.