A Nosa Xente: Paquito de Cheña

p/ Francisco Abeijón Núñez

     Francisco Xabier Cernadas Veloso naceu en Esteiro (Muros) no lugar de Trión o 15 de xuño de 1965. Foi o terceiro fillo do matrimonio formado por Manuel Cernadas e María Veloso. Neto daquel alcalde republicano de Muros que fora unImagen10 dos que tivera que fuxir rumbo a Bilbao a bordo dos vapores Santa Rosa e Santa Eulalia ó iniciarse a guerra civil.

Paquito de Chena empezou a escola na Casa da Sociedade e logo cando abriu Freixeiros en 1974 foi o colexio público Ricardo Tobío. Foi un rapaz que a cotío andaba metido nas chamadas actividades extraescolares. Aínda que fora quitándolle tempo á hora de facer os deberes, sagrados para os nosos país. Era quen de se tirar pola ventana e escapar para o colexio a aprender o baile tradicional galego mentras que a súa nai coidaba que o rapaz estaba arriba estudiando no cuarto.

Gostaba da poesía, en especial de Rosalía de Castro a que adoraba e a que recitaba de memoria. Son memorables os seus recitais na taberna de Avilés de Taramancos nas festas de estudiantes de Noia ou a súa actuación xunto cos poetas da Coruña no Orzán en 1985 na marcha anti-militarista que alí houbo en protesta pola celebración do día das forzas armadas na cidade herculina.

Na escola aprendeu o baile galego . E tamén se iniciou nun dos seus grandes praceres: tocar a pandeireta. Acórdome que a primeira que tivera rompeuna durante unha protesta estudiantil no instituto. E entre todos os compañeiros fixemos un escote para mercarlle outra a que lle poría de nome “manuela” e que levaría consigo a todas as festas dende aquela.

Sendo o único membro masculino do primeiro grupo de baile do colexio de Esteiro tiñan un coñecido número no que el soio quitaba a bailar as demais rapazas do grupo, unha por unha todas colocadas en roda. Fixo un traballo de recolección de puntos e cancións populares entrevistándose coas vellas da parroquia. “A auga da fonte lamuda / non lla deas a ninguén / bébena as de Trasdacosta / por eso cantan tan ben”.

Sería no seo do teatro donde se atoparía máis cómodo. Dirixido por D.Xosé Agrelo Hermo acadou cotas interpretativas dignas do teatro prfesional. Empezou no grupo do colexio, Agrocobo, co que representou en 1979 a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse, facendo o papel do boticario Saturio. Durante a primeira representación no ximnasio do colexio produciuse a curiosa anécdota de que estando os pais para ver a obra, a súa nai que non sabía que o rapaz actuaba, quedou pasmada cando veu ao seu fillo enriba do escenario.Imagen11

Xa fóra do colexio, foi fundador do grupo Xestruxo co que puxo en escea a principios dos oitenta a obra “Pancho de Rábade” de Álvaro de las Casas. En 1982 durante as festas da Guadalupe de Rianxo encandeou coa súa actuación ao propio Alfonso Sastre na interpretación do afiador tratamundos que ideara Álvaro de las Casas. Tamén participaría na posta en escea das obras de Xosé Agrelo, “Metá e metá” e “Noite de lobos”.

En 1985 por motivos de estudios trasladouse a Santiago. E alí da mán de Xosé Manuel Olveira “Pico” , entrou en contacto con D.Agustín Magán, pasando a formar parte do grupo DITEA, co que representou varias obras. Destacando nun papel protagonista na obra “Romance do alhelí e a manxerona”.

Activista militante pola dignificación e recuperación da cultura galega participou en fundación en 1993 da revista “A Motora”. Na que publicaría un moi feitiño traballo sobre as panxoliñas de Nadal en Esteiro. Tamén sería un dos artífices na recuperación das festas do Antroido e das murgas en Esteiro “ai! meus señores / que ben,que ben / volven as murgas / pra que vostedes o pasen ben / se alguén se pica, non está ben / pois nós cantamos e non facemos mal a ninguén” . Encargouse sempre de tarefas moi relevantes e mesmo foi quen de levar o timón nos anos máis críticos nos que a falta de participación facían peligrar a continuidade da festa. Foi quen de involucrar xente de distintas xeracións para que participaran “correndo o carnaval” pola parroquia nunha gran caravana dende Uhía ata Xantoque. “Este ano faltan voces / faceremos un pregón / escoítasenos a todos menos / que solo a José Ramón…” .

Profesionalmente adicouse a hostelería. Empezando dende moi novo –durante as vacacións- no restaurante O Forno de Noia. E servindo nas vodas polos restaurantes da comarca (Trapeiro de Merelle, Brasil do Cruceiro, Carmiña de Esteiro…). Así como no pub Areas onde traballou durante moitos anos deixando alí unha pegada imborrable do seu paso por ese local.

Casou con María Xosé Figueiras Figueiras, coa que en 1991 tería un fillo, ao que lle puxeron de nome David. Despois, como tantos outros, tomou o camiño da emigración. E o 28 de xuño de 1995 partíuselle o corazón en Newark (New Jersey), apagándose unha estrela que aínda brillará por moitos anos no firmamento de todos os esteiráns.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s