Fondos Europeos: o FEP

p/ Inés Monteagudo Romero, Técnico de inspección e promoción Agader

Como comentamos anteriormente a UE conta con varias ferramentas financeiras para levar a cabo as políticas rexionais acordadas polos seus organismos, entre elas os Fondos estruturais e o Fondo de cohesión por un lado, e os fondos adicados á conservación e xestión dos recursos naturais, sinaladamente a pesca, a agricultura e o medio ambiente, por outro.

Neste contexto é no que se enmarca o Fondo Europeo da PescaImagen13 (FEP), no que se da maior relevancia a relación entre o desenvolvemento económico do sector pesqueiro e o coidado dos recursos e medio mariño. A pesares disto, o FEP segue a compartir moitos dos procedementos e filosofía que atopamos nos fondos estruturais.

As axudas do FEP destinanse á apoiar a política pesqueira común, promover o equilibrio sostible entre os recursos e a capacidade de pesca, potenciar a competitividade das estruturas de explotación, fomentar a protección e mellora do medio ambiente, promover o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida nas zonas costeiras con actividade pesqueira, e promover a igualdade entre homes e mulleres.

Non imos entrar nos diversos instrumentos programáticos que se requiren para a posta en marcha dos recursos que ofrece o fondo, limitándonos a sinalar os eixos prioritarios de actuación, e as medidas e accións previstas en cada ún.

Eixo 1: Medidas de adaptación da flota pesqueira. Neste eixo financiase a paralización definitiva de actividades enmarcada nun plan de axuste do esforzo pesqueiro. Tamén a substitución de motores, paralización temporal das actividades para axustar o esforzo á produción do caladoiro, investimentos que melloren as condicións de seguridade a bordo, as condicións de traballo, a hixiene e calidade dos produtos, o rendemento enerxético e a selectividade. Neste eixo teñen cabida tamén as melloras na pesca costeira artesanal.

Eixo 2: Acuicultura, pesca interior e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura. Este e un dos ámbitos de actuación esenciais do programa operativo español, e pretende dar prioridade ao desenvolvemento sostible da acuicultura, e a transformación dos produtos da pesca e da acuicultura.

Eixo 3: Medidas de interés público. O que se pretende e incentivar aos axentes implicados no sector pesqueiro para que poñan en marcha actuacións conxuntas das que se derive un beneficio Imagen12común, así como a mellora da competitividade, modernización de portos pesqueiros, promoción e desenvolvemento de novos mercados, e experiencias piloto.

Eixo 4: Desenvolvemento sostible das zonas de pesca. O que se pretende é complementar os ingresos a través de fontes alternativas de emprego. E neste eixo no que se implementa o que se deu en chamar filosofía Leader, isto é, a aplicación a través dun enfoque “abaixo-arriba”, implicando a axentes públicos e privados , que se agrupan no que se denomina grupos de acción costeira. Os grupos propoñen e aplican unha estratexia de desenvolvemento local integrado. En Galicia hai 7 zonas, en cada unha das cales actúa un grupo, son GAC 1 A Mariña Luguesa-Ortegal, GAC 2 Golfo Artabro, GAC 3 Costa da Morte, GAC 4 Seo de Fisterra-Muros Noia, GAC 5 Ria de Arousa, GAC 6 Ría de Pontevedra e GAC 7 Ría de Vigo-A Guardia.

Eixo 5: Asistencia técnica. Difusión de accións e a contribución comunitaria, así como apoio as actuacións de preparación e execución.

En Muros tiveron especial incidencia, nos eixos 1 e 2, as accións destinadas á paralización temporal da actividade pesqueira, as destinadas á renovación e modernización da flota, ás destinadas á construción e modernización de bateas, á melloras na xestión, á adecuación das instalacións da lonxa, entre outras. No eixo 3 son de destacar as actuacións implementadas pola Confraría de Pescadores de Muros, mediante o desenvolvemento de sistemas de vixilancia, adquisición de vehículos e embarcacións para actividades de seguimento, e a contratación de biólogos e persoal de vixilancia.

En canto ao eixo 4, nos últimos anos o GAC aprobou unha serie de proxectos, entre os que destacan no noso concello os seguintes:

-Recuperación de galeón, importe total proxecto 98.466,79 €, promovido por entidade pública.

-Empresa de turismo náuticas, importe total proxecto 124.846,54 €, promovido por unha sociedade mercantil.

-Ampliación de rede de escolas naúticas Nalu, importe total proxecto 198.912,05 €, promovido por unha sociedade mercantil.

-Dotación de mobiliario á Escola de deportes naúticas de Sel, importe do proxecto 41.065,00 €, promovido por entidade pública.

-Rehabilitación de edificio para pensión-taberna, importe total do proxecto 313.332,58 €, promovido por particular.

-Pesca deportiva, importe total do proxecto 28.973,21 €, promovido por particular.

-Posta en valor do patrimonio mariñeiro, importe total do proxecto 68.971,22 €, promovido por entidade de dereito público.

-Corredor costeiro: Bornalle, importe total do proxecto 85.000,-, promovido por entidade pública.

Tamén se aprobaron actuacións conxuntas, promovidas por varias entidades, que suporán melloras no noso concello, e que teñen que ver básicamente coa comercialización de produtos da pesca, trazabilidade, etc.

A piques xa de rematar o prazo de xustificación deste período de programación, veremos que nos preparan para o próximo!

Moi bo nadal e mellor ano!

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s