Conchiña

p/ Marcelino García Lariño

Conchiña a da Virxe do Camiño, ademais de este epónimo, e dos seus apelidos, tamén é coñecida polos sobrenomes de Conchiña da Rabela, Conchiña do ‘Marinero’, Conchiña de Marselo, Conchiña de Carmucha, e incluso por outros que agoraImagen9 non vamos nomear porque non veñen ó caso. Din dela que ten máis títulos que a aristócrata duquesa de Alba, que xa é dicir.

A Conchiña de tantos títulos, no seu quefacer cotián ten cousas moi raras, por non dicir estrañas ou extravagantes. A xente di que nestes feitos inauditos tíralle ó seu pai. De ser isto certo, o máis seguro é que sexa cuestión de xenes.

Unha das súas actuacións máis arrevesadas, que non desafortunadas, pasoulle aquel día que chovía a mares; chovía a Deus dar, chovía unha fartura, e Conchiña despois de colle-lo paraugas no paraugueiro saíu da casa da Virxe en medio daquel diluvio e foi á Lonxa que está a quilómetro e medio, a onde chegou pingandiño. Da Lonxa foi, que tamén tiña que ir, á casa do señor cura e chegou coma un pito da chuvia. Tanto e así que cando a señora Maruxa, irmá do cura, lle franqueou a porta e veuna coma unha afogadiña, con todo sentimento e de corazón díxolle:

–Conchiña, muller, como ves. ¿E por que non abriches o paraugas?

A moza mirou para el, que o levaba cerrado na man, e con toda sinceridade e seriedade do mundo, díxolle a santa verdade:

–Porque non sabía que o traía.

Conchiña sigue solteira. Deus sabe ben o que fai.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s