CONGRIO (Conger coger)

-O congrio, Rei indiscutible dos nosos fondos mariños costeiros.-

p/ Amado Barrera.

Non imos detallar cómo é un congrio, caramba, que estamos en Muros ¡¡, pero daremos algúns datos curiosos, que tampoco non ten que estar todo o mundo Imagen17ao tanto de todo.

IDENTIFICACIÓN: NON CONFUNDIR COA ANGUÍA. Non é tan difícil a confusión para un profano. Daremos só unha clave das varias que hai para evitar confusións: A aleta dorsal empeza xusto encima do extremo das pectorais, ou sexa, moito máis adiante ca da anguía.

Do seu HABITAT mencionaremos tamén só o dato de que habita os fondos dende os máis someros ata cousa dos 500 metros.

ALIMENTASE de case todo o que pilla, peces, moluscos e crustáceos. Se o congro é xa algo maior, nótanselle ben as marcas dos tentáculos de pulpos e calamares que loitaron por non seren comidos. Caza case exclusivamente pola noite.

REPRODUCCIÓN: É o aspecto máis asombroso e peor coñecido deste magnífico peixe.:

1º Só se reproducen unha vez. Logo, morren. A súa idade entón non está moi clara, estímase que poden facelo entre os 5 e os 15 anos, acadando entón as súas maiores tallas, do ata 3 metros, as femias, que se volven branqecinas e que poden acadar xa os 50 kg. de peso (a metade do peso corresponde ás gónadas), mentras que os machos son ben máis pequenos e raramente chegan ao metro.

2º Para face-la posta de ovos ou esperma vanse a zoas moi alonxadas (ata o Mar de Sargazos moitos) e profundas (de 1000 a 3000 metros!!)

3º A larva é coma a da anguía, leptocéfala, e tarda 2 anos en pasar polas diferentes fases larvarias, chegando entón á costa, donde vai collendo cor e alí se asentará o resto da súa vida. (a angula da anguía xa sabedes que se mete nos ríos).

3º. PESCA: Xa vimos que morren tras reproducirse, asi que todo o congrio que se pesca aínda non o fixo. Pero ás veces cóllense algunhas “bailarinas”, cando estaban a piques de iniciar a súa emigración reproductora, que son case que só un envase de gónada e o resto unha masa xelatinosa que se desfai na auga e non vale para nada.

Péscase con varias artes: nasa, anzuelo, cerco, deriva e palangre de congrio, que se cala en el fondo.

Un congrio grande éche un trofeo para a pesca

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en Natureza y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s