p/ Neves Formoso Vidal
As xentes da miña xeración, aínda que anos non temos moitos, sí que temos os suficientes para lembrar como cambiaron os usos e costumes das xentes ao longo do tempo.
Eu, que tiven a sorte de nacer na aldea, (á onde as novidades chegaban a última hora), nunca botei de menos o que os novos tempos e o aumento do poder adquisitivo iña traendo.
Na casa onde eu nacín e criei oubo dende sempre unha tenda, que era moi coñecida en Louro. A tenda era de miña nai e de miña aboa, e estaba situada no Rueiro de Arriba. Alí ían moitas xentes de Louro a facer as súas compras. Compraban, mais que nada, os artigos mais imprescindibles, pero entrados nos anos sesenta, a radio e a televisión, (o igual que agora), fixeron estragos, e a xente empezou a pedir cousas que para nós eran do mais raro.
Pasouse do chocolate Raposo ao Colacao; do xabón de sosa a a granel ao ”Persil” ; do papel de periódico (para aquelas cousas) ó papel en rollo “Elefante”; da auga da fonte, a beber “La Casera”, e así con un montón de outros produtos, como o pedramol, o estropallo de esparto, a pedra pómez, os “Celtas” e “Penínsulares”, etc, etc, que o aumentar o nivel económico das xentes, pasaron a mellor vida.
Son cousas de tempos pasados, pero non e malo recordalas, porque forman parte da pequena historia de cada un de nos e das nosas familias. Agora os nosos fillos están con outras cousas. Eles xa se criaron de outra maneira, rodeados de certas comodidades que nos nosos tempos parecíannos a nós que eran cousas das películas…
Aquí deixo unhas poucas fotos de algúns dos produtos de todo tipo, que empezaron a conocerse nos anos sesenta.