Entrevista a José Manuel Abeijón.

P/Jorge Lago de Pexejo

Case sempre empezo as miñas interviús adiantando unha pequena biografía do personaxe entrevistado. Esta vez vou abreviar a presentación para que sexa José Manuel Abeijón o que nos conte as súas andanzas. Só direi que enche a boca cando Imagen24dí con moito orgullo que é galego,  de Esteiro e muradán e para darse a coñecer di: “A miña familia son os Ferreñas de Solleiros ainda que o meu apellido (Abeijon) non provén de Esteiro posto que meu pai ( e dous irmans del que casaron para Solleiros/Esteiro, viñan de Abeixón, Tállara-Lousame que moi posiblemente sea a cuna onde nacera o apellido xa que aparenta ser toponimico, o igual que o meu segundo apellido (cernadas)”

J.L._ Dinos cómo viñeches a parar a EE.UU.

José M. Abeijón._ Eu vin a parar os EEUU a principios do ano 1991, concretamente o 8 de febreiro, en plena guerra do golfo ( a primeira) entre EEUU e Irak, por ter invadido Kuwait. Día memorable por tan longa mudanza dunha familia completa, e mais porque o avión viña casi vacío debido o medo que a xente tiña a viaxar os EEUU neses poucos dias que esa guerra durou, ainda que o meu destino de acabar nos EEUU forxouse cando meu pai emigrou para Nova Iorque no ano 1985 que foi cando el emprendeu camiño hacia América despois de ter navegado moitos anos.

J.L._ Antes de virte aos 18 anos para este país, cóntanos cómo foron os teus anos de infancia e adolescencia en Esteiro.

José M. Abeijón._ Pois a miña infancia foi moi bonita. Crieime en Esteiro con meus pais, tíos e avás maternos. Asistín a escola infantil no que era neses intres a escola de Dona Dominga na “Casa da Sociedade” de Esteiro , logo primeiro curso na escola do Areal e o resto de EXB no colexio de Freixeiro- conocido hoxe como o CEIP Médico Ricardo Tobio.

Cando terminei EXB, asistín ó instituto de Fontexeria- Muros hasta COU. Como a todos os nenos gustabame xogar cos amigos no rueiro do canle en Solleiros as canicas, trompas, escondite ou o que se nos ocurrira ese día, e de mais mozo ir as festas patronais e a Praia no verán. Tamén me gustaba moito saír o mar a pescar ou mariscar.

Cabe decir que toda a miña familia contribueu a facerme o home que hoxe en día son. ComoImagen25 di o dito inglés: “it takes a village”, o que quere decir que non soio os pais crían o fillo, sinón o entorno familiar completo, e que bo traballo que fixeron!

J.L._ E xa cos pes en terras americanas, qué decidiches facer da tua vida?

José M. Abeijón._ Pois o mais importante nun principio foi enrolarme na escola e terminar o Instituto para logo poder asistir a universidade, aínda que o mesmo tempo, traballei en diversos lugares mentras estudiaba. Tan boa foi a combinación que eventualmente terminei traballando para a universidade onde asistín.

J.L._ Traballabas mentres estudabas que é o habitual neste país. Qué carreira querías conseguir e onde estudaches?

José M. Abeijón._ Despois de terminar o instituto, encamiñeime a universidade (Mercy College) onde cursei nun principio estudos de Administracion de Empresas e Comercio Internacional.

E unha vez conseguida a diplomatura continuei cunha maestría (MBA) especializándome en Marketing (comercialización de produtos ou servicios)

 como anécdota, cabe anotar que para ese entonces a universidade onde estudiei contratoume para dirixir a oficina de asistencia financieira dos estudiantes do seu principal campus en Dobbs Ferry, NY e ahí iniciei o traballo que desempeño hoxe en día, aínda que hoxe en día traballo para a Universidade Estatal de NY (SUNY) no condado de Westchester.

J.L._ Non perdiches o tempo. Durante eses primeiros anos de traballo e estudo, custoute adaptarte ao país? Notaches ou sentiches as diferenzas culturais?

José M. Abeijón._ Persoalmente non me foi moi difícil posto que dende un principio tiña decidido que estábamos aquí para quedarnos, e aínda que as diferencias culturais, e de idioma son moi grandes e tiña deixado a moitos amigos atrás, pronto fixen amigos novos aquí e o idioma e maila maneira de ver a vida dende o punto de vista “americano” pouco a pouco fóronse aprendendo tamén.

J.L._ Percibo certo entusiasmo na túa resposta. Significa que América che caeu ben dende un principio? Imaxinábasteo tal e como o viches?

José M. Abeijón._ Pódese decir que si, América caeume ben dende un principio, aínda que nese entonces non sabía que esperar nin me imaxinaba o que viría nun futuro. Nese entonces non tiña punto de comparación con nada máis que con España, posto que aparte de algun viaxe a Portugal, nunca tivera saido do país

J.L._ Volviches a Muros mentres estiveches a estudar?

José M. Abeijón._ Pois si, teño ido hasta catro veces nun ano anque xeralmente viaxaba unha vez ou dúas anualmente no verán e no Nadal.

J.L._ E agora visitas tan frecuentemente?

José M. Abeijón._ Non tan frecuentemente como me gustaría posto que agora somos unha familia de cinco e faise un pouco complicada a viaxe pero seguimos visitando unha vez o ano repartindo o tempo entre Esteiro e Xixón, de onde e a miña muller e onde viven seus pais

J.L._ Cóntanos un pouco como funciona iso de dirixir a Oficina de Asistencia Financeira de Estudantes na SUNY.

José M. Abeijón._ Pois a mois grandes rasgos, a SUNY e a universidade estatal de Nova Iorque, consistente de 64 campuses esparcidos por todo o estado. Eu traballo nun deles, os campuses operan independentemente e o meu equipo e mais eu encargamonos de publicar, promocionar, e gestionar todo o relacionado con solicitudes de becas para este campus universitario no condado de Westchester. Cabe mencionar que somos un dos campuses con mais estudantes dentro do sistema SUNY (con sobre vinte mil estudiantes), e que a maioría deles reciben algún tipo de beca ou préstamo estudiantil para poder pagar o costo da matrícula e gastos relacionados os estudios. Cada ano gestionamos mais de 50 millóns de dólares en axudas para os nosos estudantes.

Unha cousa interesante desde o meu punto de vista é que a nosa oficina representa a pluralidade que hai en Nova Iorque casi perfectamente, somos 15 persoas e entre hai xente que sabe falar, aparte do inglés, chino, francés, alemán, español, portugués, e galego! aparte hai xente que fala dialectos africanos de Nixeria e Camerún, e mais a peculiar maneira de falar inglés que hai en algunhas illas do Caribe (broken English de Jamaica e Creole da illa de Antigua).

J.L._ É moi caro ter estudos universitarios en EE.UU aínda sendo nunha universidade estatal?

José M. Abeijón._ Caro é, pois por moi pouco que se cobre por as matrículas (as escolas pertencentes a SUNY son as mais baratas que vas a ter no estado de Nova Iorque) a xente comunmente non ten xuntos os cartos necesarios para asistir. Hai que ter en conta que fan falta cartos para mais que pagar a matrícula cando se asiste a universidade: un necesita cartos para transporte, libros, comida, e vivenda mentras se asiste, e aparte hai moita xente que mentras estudan, ou non traballan ou reducen os horarios laborales.

J.L._ Estaríamos falando de un coste superior a 11,000 dólares anuales si non vives no campus e eres residente do estado?

José M. Abeijón._ Si, aproximadamente uns 12,000 dólares para os residentes do estado e uns 22,000 para os non residentes. Ahora ben, os residentes con baixos recursos mentras teñan calificacións superiores a nota media, casi sempre lles conseguimos suficiente diñeiro en becas para cubrir eses gastos e non teñen que desembolsar nada pola sua parte. O goberno federal americano e mais o estatal son bastante xenerosos se eres estudante e tes poucos recursos.

J.L._ Aclarado. Ademais de xestionar tantos millóns de dólares, Que outras actividades exerces?

José M. Abeijón._ Pois aparte do meu traballo regular da universidade, en diferentes épocas do ano dedícome a facer charlas en escolas secundarias para promocionar que a xente que está no instituto continúe e asista a unha universidade, e explicar que existen axudas para cubrir o costo de matrícula e como solicitalas. Aparte deso, en época de eleccións, tamén colaboro coa Xunta Electoral do condado de Westchester xa ben de inspector electoral, tradutor, coordinador ou simplemente representandoos onde sexa necesario.

J.L._ Ademáis de traballar tanto. Tes algún hobby?

José M. Abeijón._ Pois nos momentos libres gústame pasalo coa familia, teño tres nenos, tamén me gusta salir a pescar, especialmente en barco, andar en moto con amigos e máis plantar unha pequena horta de vexetais.

J.L._ Está visto que para tí, o sono americano convirteuse nuha realidade. Cantos anos tés?

José M. Abeijón._ Pois pódese afirmar que América a min hasta ahora nunca me fallou. Eu teño 41 anos e levo en Nova Iorque casi 24.

J.L._ Dada a situación laboral que hoxe existe en Galicia, atreveríaste a aconsellar a aqueles que deciden emigrar e tal vez escoller a este país como meta para mellorar o seu futuro?

José M. Abeijón._ Dada a situación laboral en Galicia e posto que somos históricamente unha nación de emigrantes, eu o único que aconsellaría é que se aventuren a traballar polo mundo adíante, pero que vaian a tiro fixo; en outras palabras, que leven claro o que queren facer, que teñan facilidade co idioma do outro país, que sepan exactamente onde van a traballar, e se hai necesidade de conseguir permisos de traballo no país a onde vaian, que esos estén en regla antes de viaxar. Hoxe en día os gastos comúns, como a vivenda sonche moi caros para que alguén se aventure e saia do país “a ver o que pasa”. Ademáis hoxe en día co internet as comunicacións son moi rápidas e as facilidades de anunciar traballos, e entrevistar por videoconferencia están a orde do día.

J.L._ Xa sei que tes moitos amigos virtuales nas redes soiciais. Gustaríache aproveitar da ocasión para saudar a algún en particular de carne e óso no teu Esteiro?

José M. Abeijón._ Os amigos virtuales son básicamente a xente que teño lonxe e mais os conocidos (ou amigos de algún amigo) pero si me gustaría mandar un saludo a miña xente de Esteiro, en especial a meus pais e familia.

J.L._ Non me queda outra que dar por rematada tan agradable conversación. Grazas José Manuel polo tempo concedido. Aí che vai o cuestionario de Bernard Pivot.

  1. J.L_ Cál é a túa palabra favorita?

José M. Abeijón._ Podemos! Ou pódese, no sentido de que se te pos a algo se pode lograr.

  1. J.L._ Cál é a menos favorita?

José M. Abeijón._ posiblemente sexa simplemente “non”

  1. J.L._ Qué te emociona?

José M. Abeijón._ A sorrisa dos fillos emocióname

  1. J.L._ Qué son ou ruído che gusta?

José M. Abeijón._ A son que mais me gusta e ese da música

  1. J.L._ Qué son ou ruído detestas?

José M. Abeijón._ E o que menos serían chirridos

  1. J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?

José M. Abeijón._ Xeralmente non uso xuramentos, pero como no galego o que mais gracia me causa e calquera que conteña a palabra “carallo”– manda carallo!

  1. J.L._ Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer?

José M. Abeijón._ Gustaríame dirixir unha ONG, repartir axuda onde mais se necesite, ainda que as veces o meu traballo asemellase a eso.

  1. J.L._ Qué profesión non desexarías facer?

José M. Abeijón._Nestes intres non me gustaría nada ser político en España, hai demasiada corrupción ahí para o meu gusto

  1. J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?

José M. Abeijón._ E o chegar o ceo, Gustaríame oír: “benvido” (non creo ser tan malo como para que me cerrasen a porta nos fuciños)

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en Entrevistas y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s