p/ Manolo de Lago
Fui nunha noite de verán despois de cear unha boa churrascada que me deite a durmir de barriga cheía.
No medio da noite levanteime un pouco atolondrado, non sei si por mor da enchenta ou do pesadelo que estaba a ter. Decín as escaleiras a trompicóns e cheguei o salón, é alí estaba él, sentado no sillón que teño a carón da fiestra do balcón, ainda creo que foi un soño.
Son Anxo Tieles, devanceiro téu e mariñeiro percente ó exercito de fusileiros do cruceiro Almirante Oquendo, afundido por a flota americana o 3 de Xulio de 1898 na batalla naval de Santiago de Cuba.
Como vos podedes supoñer quedei xelado, segueu a falar, pero eu non podía reaccionar, aquelo era moi forte é interesante.
Vas contarlles a todos, que a miña condición de fantasma no mo permite, a historia das batallas navales tales como foron en realidade, non como as contan os historiadores de turno, dependendo do goberno que lles tocou vivir, quero que as contes tal e como eu as vivín.
Eu Anxo Tieles vivín unha época na que os homes todavía consideraban como valores intrínsicos do ser humán a ética, hoxe estades a vivir unha época donde a ética non existe, estades a vivir a época da estética. Inventástedes esa barbaridade chamada sociedade de consumo que disfrutan uns poucos e fai sufrir a tantos.
Por eso vin a verte a tí, para ver si podes cambiar a mentalidade da sociedade cando contes as historias que che vou inspirar.
Corria o ano de 1897 cando eu era un mariñeiro xoven e probe, o cal non tiña suficiente diñeiro para pagar a cuota que che evitaba a incorporación a filas, así que no me quedou outra que facer a mili.
Despois do período de instrucción embarcaronme no Almirante Oquendo, cruceiro protexido de primeira clase que xunto cos séus irmáns xémios Infanta María Teresa e Vizcaía, formaban parte da escadra do almirante Cervera, que o 29 de Abril de 1898 foí enviada a unha morte segura nunha inútil defensa da illa de Cuba.
Estando fondeados na bahía de Santiago, e asediados por terra por ó exercito americano, fomos tamen cercados na angosta entrada da bahía por a flota estadounidense comandada por o almirante Sampson.
Cervera coñecedor da superioridade americana, en barcos e xente, decide sair a plena luz do día a toda máquina, arrimado a costa é en fila índia; tratando de escapar sen presentar batalla para así salvar o maior número de vidas.
Así foí, a medida que os barcos ian saindo por o angosto corredor, eran cañoneados por o enemigo apostado a ámbolos lados da saida, obrigando a flota de Cervera á embarrancar, para así poder gañar terra a nado, apenas nos deron tempo a responder os séus disparos. Debido a proximidade da costa e ó bo estado do mar, salvouse bastante xente, entre eles eu, que tras chegar a terra fomos feitos prisioneiros, trasladados os EE UU e recluidos na illa de Seavey en New Hampshire, ate que terminada a guerra fomos amnistiados. Chegados de volta a España, fomos tratados como cobardes por a raiña rexente Dona María Cristina e o séu séquito de maleantes da época de restauración borbónica, que sabedores de que non tiñan ningunha posibilidade de gañar aquela guerra inútil, ainda nos mandaron a unha morte segura.