Funcións das Escolas de Música municipais (II)

p/ ESMU– Carnota
Coma sinala a LOGSE as Escolas de Música municipais, plantéxanse nun contexo social, e ducativo e cultural máis alá da mera adiquisición de habilidades técnicas, propiciando a fomración integral da persoa en si mesma, e na relación con demáis.
Aspectos como a formación gozosa aficionada dende idades tempranas e sen límite de idade; descobrir vocacións e aptitudes para encauzalas á ensinanza profesional; formación eminentemente de práctica instrumental e danza de conxunto; foco de difusión das tradicións orais, etc, son singularidades que no seu conxunto potencia ás Escolas de Músicas ESMUs.
Picture19Pero … topámonos coa falta de recursos, sobor de todo nos pequenos concellos onde os agravios comparativos son escandalosos para satisfacer realmente as necesidades dos cidadáns. Porque non hai que esquencer que os verdadeiros impulsores das ESMUs, como case todo o referente á cultura, son as Administracións Locais.
Según datos do Ministerio de Educación, o 85% dos estudiantes dun conservatorio superior, eran na realidade do grado elemental. Desa porcentaxe só pasaba o 12 % ao grado medios, que á súa vez, só continuaba no superior o 2 %; finalmente os alumnos do grado superior só o superaban o 50%.
Polo tanto, reafírmase o fallo do sistema que estaba en conducir aos estudios reglados e profesionalizados a miles de nenos e adolescentes carentes das debidas aptitudes e actitudes ou ambas.
A educación musical experimentou un xiro radical nos últimos quince anos. Cambios lexislativos que propiciaron o nacimentos das ESMUs, a implantación de novos conservatorios, a eclosión de centros privados e a chegada de novas institucións á Xestión de centros musicales como consecuencia da descentralización e o traspaso de competencias ás Comunidades Autónomas, Diputacións e Concellos.

En España existen alrededor de mil trescentos centros de ensinanza
Musical dos cales máis de 500 son ESMUs.
O caso do noso país ten dúas características peculaires que o distinguen da maioría:
1. Están promovidas claramente dende unha reforma legal, antes da cual non existía. A Lei non vén regular un feito previo, senon que o crea “ex nihilo”.
2. O contexto de regulación é dunha reforma educativa e non de política – cultural.

As ESMUs deberían cumplir unhas normas básicas para funcionar ben e cumplir os obxectivos anteriormente citados:

1. UNHA XESTIÓN DE PERSOAL (as persoas como principal activo da Escola) que implica ás persoas no proxecto…
– Dinamizando aos diferentes equipos de traballo para que definan os seus propios obxectivos e realicen o seguimento das accións que se plantexan.
– Consolidando postos de traballo como parte da consolidación do proxecto, definindo claramente o perfil dos postos de traballo.
-Fomentando a formación do persoal en todos os seus ámbitos, dende os novos métodos da Xestión ata a actualización didáctica.
-Promocionando o desenrolo profesional no propio posto de traballo, apoiando ás iniciativas que profundizan na concepción polivalente do posto de traballo.
2. UN PROXECTO EDUCATIVO enmarcado en tres condiccións:
2.1. Que sexa pedagóxicamente atractivo actuando a través de:
-Unha oferta sen límite de idade como reflexa a evolución do alumnado.
-Unha oferta flexible en canto a tempos lectivos e materias, recollida na organización da Esmu nos seus diferentes niveis.
-Unha oferta de todas as familias instrumentais plasmada na estructura da Esmu, asi coma nos diferentes cadros de evolución do alumnado.
-Unha oferta de ensinanza grupal como eixe da ensinanza manifestada nas actividades de conxunto que realiza a Esmu a través das súas diferentes agrupacións.
-Unha apertura á ensinanza das novas tendencias musicais e innovacións contantes constatada no apartado doutras tendencias e nas de accións innovadoras.
-Unha gama de asignaturas teóricas que axudan a comprender millor o feito musical, recollidas na estructura da Esmu.
2.2. Que sexa musicalmente eficaz:
-Cunha clara definición de obxectivos para os diferentes niveis de ensinanza recollidos na organización da Esmu.
-Co traballo do profesor estimulando ao alumnado para que acade os progresos adecuados en cada nivel. Unha ensinanza non regrada, non significa vir á Esmu a pasalo rato, senon que supón ofertar ao alumno/a unha noción práctica en música adecuada ao ritmo de aprendizaxe del, debendo éste aproveitar de forma adecuada as ensinanzas recibidas, facéndolle corresponsable dos diferentes procesos de ensinanza-aprendizaxe.
-Coa presenza do alumnado nas audicións tanto fora como dentra da Esmu, tendo cada vez máis presenza na vida do noso pobo
-Coa realización de concertos periódicos, dentinados ao concello en Xeral e ao alumnado en particular, intentando potenciar o gusto pola audición dos diferentes estilos musicais e desenrrolar o espíritu crítico.
-Coa dentección de alumnado que polos seus intereses e capacidades desexe acceder á ensinanza regrada.
2.3. Que sexa economicamente viable levando a cabo:
-Polo lado dos ingresos unha definición dos principais sectores e a súa participación na financiación da Esmu.
-Polo lado dos gastos, unha definición das partidas presupostarias en función das necesidades e que se contrastan en cada exercicio.
-Polo lado dos custos, estudiar a súa estructura noutras Esmus, sexa cal sexa o titular, así coma en servizos de similares características prestados pola administración educativa, co fin de que o titular do servizo teña un punto de referencia.
-Unha Xestión e seguimento do presuposto ao servizo duns obxectivos claros.
3. UNHA MELLORA CONTINUA NOS SERVIZOS NON LECTIVOS –-Axilizando a matriculación, simplificando a documentación a tramitar
-Acurtando os prazos de entrega nos servizos prestados á administración ou conserxería.
-Cun control actualizado e planificado tanto da contabilidade coma da Xestión administrativa do alumnado.
-Prestando de forma áxil o servizo de biblioteca-fonoteca en canto ao fondo e a atención ao usuario.
-Abíndose ao pobo a través de mailings dirixidos aos posibles usuarios do servizo, audicións do alumnado nas escolas públicas, nas rúas, nas prazas etc
-Xestionando os espacios do centro para mellorar as súas condicións, optimizar a utilización das aulas disponibles e dotalas do material necesario para levar a cabo as súas función; regulamentar a súa utilización como espazo de estudo para o alumnado.
-Establecendo un sistema de bolsas e axudas ao alumnados con problemas económicos.
-Inicaindo cauces de diálogo co usuario para detectar posibles áreas de mellora dentro da Esmu.

Está máis que comprobado que nun centro de ensinanza non regrada, a dependencia das preferencias da demanda non determina o modelo do centro, senon que somos capaces de ofertar un centro planificado cunha demanda o suficientemente forte non só para manter vivo o servizo, senon para crecer ao longo dos anos.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Música y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s