por Pedro Caamaño Lago
É de mención interesante a pesca da cabala, xa que esta pesca era a que sacaba de moitos apuros ós pescadores en inverno. Recordo o famoso dito: “Xa che pagarei cando veñan as xardas” (e moi acertado por que no inverno estábase esperando a chegada das xardas, para pagar es débedas das familias mais humildes. E ademais que era unha pesca que enchía de orgullo os bos pescadores, xa que requiría unha gran experiencia. Pescábase de dúas formas: con “balancín” e con “silgo”, para o balancín usábase como cebo o fígado de tenreira ou de porco, (ou de gato, como dicían algúns), e para o silgo sardiña ou lura. (O balancín é un trebello que consta dunha liña, chumbo, tanza anzol e unha “bulsa”) (a bulsa e unha bolsa pequena para transportar o engado ó fondo). (O silgo consta de liña, chumbo, tanza e un só anzol). A forma de pescar co balancín require unha destreza especial. Por exemplo: nunha embarcación de dous ou mais pescadores os de proa pescan co balancín e o de popa con dous silgos. Os dous de proa teñen que buscar a altura na que se encontran as cabalas para co engado facelas comer mellor. Como se presumía tanto de mellor pescador os dous de proa, unhas veces querendo, e outras sen darse conta, enganábanse mutuamente e iso que se andaba a xunta, canto máis pescabas mis gañabas. (Pero era mais forte o orgullo que a fame). Isto tamén ocorría ca pesca da merluza; enganábanse mutuamente para marcar diferencias. (Ultima mente para evitar estas cousas, a partires das corenta brazas marcábanse as liñas, en grupos de dez con cintas de colores distintos, e todos iguales, xustamente para evitar estas tolemias). Así que, o que mellor facía os utensilios de pesca, o que encontraba a profundidade axeitada, o que mellor preparaba o cebo, estes eran os que máis pescaban, e case sempre eran os mesmos por que en definitiva eran os mellores, (e ben coñecidos por todos). Podía citar algúns como fixen antes cos polbeiros. Neste caso serían: os Leóns, os Jordiños, os Carecos, os Locaos, os Papeiros, os Majachos, os Cabaceiras, pedindo desculpas por si se ofenden, tanto os que menciono como os que non.
A pesca do robalo tamén tiña a súa dose de destreza e de valentía. De destreza pola forma de preparar os “chibos” ou de lanzar a “majua”, e de risco por ter que acercarse ás rompentes cando o mar de fondo era moi forte. Nos anos cincuenta e anteriores traballaban con chibos, (feitos a man, con chumbo, pelos, e anzols), e traballaban nas rompentes ou o currican, mais no inverno traballaban con palangres que os encarnaban con “pateiros” vivos, (Cangrexos) E posteriormente nos veras xa se pescaba ca mencionada majúa, cando os robalos saían á superficie en “manchos” (diciámoslle manchos a grupos enormes que por motivos de comida, saian a superficie), estes manchos, podían aparecer desde dentro da ría ata Fisterra, por toda corredura; Toleaban os robaleiros, o mesmo lle saían cerca como mais lonxe, e os patróns rebentaban os motores dos barcos para chegar canto antes a eles, os mais expertos xa ían ca liña e a majua enganchada no anzol para lanzala canto antes mellor, ( a liña do robalo constaba tan so de unha tanza moi longa e forte, e un so anzol), o que o facía así case sempre collía algún antes de que se “calaran” outra vez, (diciamos que se calaban, cando se afundían outra vez), o que non era tan avivado, ou lle caía a majua, ou se lle enredaba a liña, a ese tocáballe se cadraba. (A majúa é un peixe alargado que vive enterrado na area en pouca profundidade), e cóllese cunha rede de arrastre non moi selectiva, denominada boliche, xa que ten unhas mallas moi pequenas e non deixan saír as crías de toda a cantidade das outras especies que se encerran dentro. Nos tempos dos nosos pais xa a prohibiron polo risco de esquilmar as demais especies. Sen embargo hoxe incomprensiblemente vólvena a utilizar.
Tamén se debe mencionar e nunca, nunca esquecer, a utilización da dinamita para estes peixes, creo que isto foi unha das razóns da súa desaparición, agora parece que se recoñece o terrible efecto que causou.
Como antes xa mencionei, a pesca da merluza, era de pescadores moi finos, eu diría a que mais, (sei que con esta afirmación levantarei polémica, pero eu sen dubida creo así). Era tan selectiva, por que se pescaba con un so anzol, e como se comprenderá cando se terminaba de pescar non quedaba nada que puidera facerlle dano a o caladoiro. Como coa cabala, o que preparaba ben as carnadas o que preparaba ben os” chismes” (Trebellos de pesca), manexaba ben a liña nas distintas profundidades, e controlaba o momento de “enferrar”, (Tirar con forza pola liña para enganchar ben o anzol na boca da merluza), ese era dos mellores. Con frecuencia comentábase na ribeira, ese sinte ben pero engancha mal, e ese non sinte ben pero e mais firme a hora de enganchar. En algunhas embarcacións, segundo versións, e por experiencia propia, algúns dedicábanse a “enfarrarlle” ós que fallaban moito, ultimamente cando as fabas eran contadas, xa non se permitía ter moitos fallos.
A este peixe empezouse a traballar alá nos anos corenta, dicían e din por que aínda están aí moitos deles, e que sigan estando por moito tempo, que pescando os ollosmoles, uns peixes rompíanlle as tanzas e pensaban que eran tiburons, ata que puideron subir unha delas, e viron que eran merluzas, a partires de aí, dedicáronse mais a elas. E con tanto éxito que chegaron a collelas dentro da ría, (aínda que o verdadeiro caladoiro foi na fanequeira do profundo, situada polo sudoeste do mesmo.).Despois xa era unha pesca fixa para tódolos anos, ata que os palangres e as volantas, segundo versións deles mesmos e nosas tamén, esquilmaron o caladoiro; logo seguiron perseguíndoas ata os cantos, onde tamén se pescaron moitas pero, tamén alí chegaron os palangres e as famosas volantas, e xa era imposible pescar, porque prendías cos anzós e perdías todos os trebellos, ademais e isto estaba ben demostrado, onde se traballaba coas volantas e cos palangres, as merluzas “embalaban”(marchábanse). Calquera e consciente de que eses trebellos non as collían todas pero sen embargo, de alí desaparecían.
O principio, cando querías tocalo fondo tiñas que ser moi rápido, por que prendías cos trebellos nos “siriales”(plantas coralinas) pero por último xa podías andar a rastro que era o mesmo, xa non había un coral no fondo, chegouse a esta conclusión por que; cando os barcos ían collendo as volantas solo sentías golpes nas cubertas, ían rompendo os corales que lle viñan enganchados nas redes, como hoxe rompen os ourizos que veñen enganchados nas “vetas”. ( Estas son redes con mallas mais pequenas que as volantas).
Como ben sabemos os pescadores de Muros, sempre lle gustou pescar ó cordel, cando tiveron que meter as redes, foi case obrigado polos que viñan de fora. Nos invernos, enchían a ría e a costa de miños e betas e cargaban de peixe. Pasou igual cas nasas do polbo, cando os de Muros se deron conta xa estaban outros portos de volta. E ben certo que a pesca de cordel, seguramente algúns armadores non se facían ricos, pero tamén e certo, que agora non teriamos que lamentar.
Este é o señor Pedro de cabaceira, (meu pai), o gran patrón.
A pesca do ollomol era xa máis de forza. Tamén a técnica marcaba diferenzas pero menos, aqueles que máis “inguadaban” (Este era o feito de transportar o fondo o peixe triturado que se introducía en unha “Bulsa” (bolsa enganchada a o chumbo de un quilo de peso) con unhas tanzas con oito ou dez anzos eran os que mais pescaban. Era traballoso por que como dixen antes había que subir e baixar todo o día un quilo de peso con unha liña delgada, as mans cheas de graxa e de picadas dos xurelos, o final da semana non se podía nin cerrar as mans coa inchazón, (dicían as vellas “méxalle meu fillo méxalle” e funcionaba). Requiría moitas horas, en ocasións desde as tres da mañá ata as tantas da noite. Procurando cebos, triturando e moendo o engado con esa máquina chouriceira, que algún dedo ten collido. Pescando e logo vendendo perdíase a noción do tempo. O cebo que se usaba, era a sardiña, lirio,ou majúa, e en raras ocasións o xurelo pequeno, cando en inverno escaseaban estas especies, era o berberecho que se collía na praia da Virxe do Camiño, en aqueles tempos nos que en esa praia podía mariscar todo o que quixera, daba gusto ver a xente cando nas mareas vivas baixaban de tódalas aldeas do entorno, e ían cargadas cos seus cestos de tódolos mariscos que podían apañar desde berberechos ata orolas pasando por ameixas e navallas; os poucos días quedaba a praia revolta e ca area branca e non tardaba nin outra lúa, para estar cargada outra vez de marisco; sen embargo agora parece que a “caparon”. Aínda que no inverno non era tan doado, víase a xente descalza empapada de auga e mortiña de frío, polas chuvascadas do noroeste, que en esa praia eran de conxelarse.
O mesmo ocorría coa pesca das rinchas e das pías. Cando en inverno tiñas que pescar polo medio da ría, con esas lestadas que baixaban e baixan polo río Tambre, capaces de deixarche sen tento e sen ideas.
A pesca das “pías” (crías de ollomol) tamén ten a súa historia. De estas crías de ollomol, nos anos dos que estamos a falar e anteriores, había tantos que estaban as pedras cheas, os pescadores cando estaban pescando a outras pescas molestábanlle e chamábanlle despectivamente” riñaso”, os peiraos estaban cheos chegaban a dentro da dársena, os rapaces que nos gustaba pescar, cando encontrabamos algo largo parecido a unha liña, poñiámoslle un anzol e a pescar as pías. E hoxe quen nas dera, canta riqueza xerarían, ¿xa nos gustaría saber por que desapareceron?.
Tiña tanta importancia, por que eran pescas do inverno, e no inverno era cando mais mal se pasaba, por que os malos tempos non che deixaban saír á costa, e esta pesca quitaba de moitos apuros. Coma hoxe fan algúns barcos, facíano antes os botes que se dedicaban a elas, e as “xulias”, saían pola maña cedo e regresaban sobre o medio día, e alí estaban as súas señoras esperando polos seus maridos para levarlle as pías e as fanecas ó mercado de pola maña, para coller a mellor venta, e si había marea, collían eles o sacho e a cavar a “papona”, (que por certo tamén controlan hoxe chamándolle “ poliqueto”), para o día seguinte continuar a faena. Había uns cantos que eran asiduos a esta pesca, como o vello do Fetoso, o vello do Pertirilleiro, o Culumbro, e algúns mais.
A pesca do congro, tamén se practicaba con frecuencia. Había familias como cas outras especies, que se dedican a eles, mais que as demais, Pero e unha especie que nunca foi alá moi de desexar, unha polo prezo e outra por que requiría traballar de noite, e isto a ninguén lle gustaba, sen embargo nos meses de Abril e Maio, estes pescadores, collían boas “caladas” como se dicía.
Os demais pescadores, salvo cando se barruntaban pescas moi abundantes, ou exemplares grandes como nos cascos, ou nos cantos e cantiles, entonces só, por que combinados con outras especies como a cherna, o ollomol e a merluza, axudaban a incrementar a marea.
Hoxe tamén se practica pero mais esporadicamente, recórrese a ela cando non barruntas nada das outras especies, ou pescadores que non coñecen ben outros recursos, xa que e unha pesca bastante fácil, con teres un palangre e “carnada”
(cebo) coñezas o groso das pedras e os peiraos xa a podes practicar, claro que, os que mais practican, mais coñecen, e polo tanto mais pescan, pero como dixen antes, a noite é para durmir.
Espero que estas versións sirvan para entender a dureza, e a valentía, destas nosas xentes, esa e a miña intención, vense libros de cultura mariñeira, referíndose o transporte de mercancías, en unhas ou outras embarcacións, a industria de conservas e a outros temas relacionados co mar, todos eles moi razoables , e do agrado de todos; Pero o pescador tamén ten a súa historia. Quizás non sexa esta a mellor maneira de expresala, nin eu o mais indicado, pero de seguro que e expresada con toda boa fe.
Así que a cultura mariñeira non debería perderse, Por que sempre foi a base da economía dos portos pesqueiros, debería quedar plasmada nos libros, e en museos marítimos por todos os pobos costeiros, por que cada pobo tubo a súa historia persoal e seguramente distinta a todas as demais. E Muros sen lugar a dubidas ten moito que contar.