Os campos concentración en Muros (1300 presos en 1937.)

p/ Francisco Abeijón Núñez

 Moito se ten oído falar sobre a instalación no concello de Muros durante a guerra civil de campos de concentración con prisioneiros procedentes maioritariamente da fronte de Asturias. Imagen29Sen embargo, constan moi pouquiños datos sobre as características dos mesmos. Apenas a verificación da súa existencia e unha rúa que parece ser que conserva o nome dun oficial responsable do presidio. E moi poucas cousas máis. Eu tiven a sorte de poder recoller a testemuña de persoas que aínda lembraban ter acompañado, de cativos, á súa nai para levarlle alimentos aos presos do campo de Anido en Serres. Exercendo así unha solidariedade que eles tamén agardaban que se tivese cos seus familiares combatentes no bando republicano e presos noutras zonas do estado. A xente mostrábase así disposta a repartir aquelo do que non tiñan e camiñaban cara a Muros arríscandose a atopar no camiño coa garda civil ou dar coa temida patrulla de falanxistas, que naquela época sementaría o terror polas estradas da comarca. Sen embargo, pola súa corta edade, éstas persoas tan solo podían recordar efectivamente ter ido coas súas nais e pouco máis. Sen poder dar ningunha explicación que non fose acreditar os malos tempos que tiveron que soportar e a moita fame que pasaron. Gracias ao tesouro histórico que significa o arquivo municipal de Muros e a colaboración da responsable da súa custodia, dona Pepita Fernández, a quen agradezo sinceiramente a súa amabilidade e comprensión na miña búsqueda, podemos dimensionar o volume dos campos de concentración existentes en Muros polo menos a altura de novembro de 1937 en 1300 presos. Unha cantidade de xente que supoñía máis do 10% da poboación total do municipio. Así como tamén podenmos dar conta dalgunha das miserentas condicións nas que vivíron os prisioneiros de guerra. Nunha carta o daquela alcalde de Muros transmitíalle ao gobernador civil da provincia os motivos das súas malas relacións co comandante militar da vila. Que provocaran unha denuncia do militar queixándose do alcalde por terse negado a prestarlle auxilio ás autoridades militares. Nesta misiva, que recorda moito polo seu contido a loita de dous galos dentro dun mesmo poleiro. E que está datada o 12 de novembro de 1937, dise textualmente: “…No primeiro do actual, foron traídos a campos de concentración situados neste pobo uns 1.300 prisioneiros de guerra, e como faltasen bombillas para o alumado de tales centros esta alcaldía prestouse gustosísima, como non podía ser menos, a facilitar todas as que foron precisas, das reservadas para o alumado público, auxilíandolles ademais con verdadeiro amor para xuntar auga, palla para albergarse, leña e todo o demais preciso, de que se carecía nas citadas concentracións, tal vez por descuido da persoa encargada para que estivese preparado todo o necesario con anticipación á chegada dos prisioneiros a este pobo (…) * Con data 5 do corrente (11/1937) ordenara dito comandante militar entre outros servizos que se cumpriron por esta alcaldía dispuxera a instalación en cada campo de concentración de un servizo de palanganero completo, recordando esta orde a medio de comunicación datada o 9 do actual…” Pola disputa entre as autoridades civís e militares, podemos acreditar a dimensión do presidio e temos un mínimo coñecemento das condicións nas que malviviron os prisioneiros de guerra. Este escrito dun acalde franquista serve de testemuña dunha negra época da nosa historia na que o alcalde lexítimo de Muros D.Xosé Veloso Maio, acabaría tamén preso, neste caso no penal de Santoña (Cantabria) –como se mostra na fotografía- .

 

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s