p/ Xokas Figueiras.
Concello: Muros
Parroquia: Sestaio (San Miguel)
Lugar: Sestaio
Outra denominación do ben: Parroquial de Sestaio
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pequena igrexa parroquial situada no mesmo recinto amurallado do cemiterio. Construída con muros de cantaría e cachotaría, posúe unha nave en forma de “L”, co teito cuberto a dúas aguas. Sobre a fachada principal, con dous vans, érguese unha pequena espadana dobre que sostén dúas campás e se coroa por unha cruz.
Jerónimo del Hoyo xa falaba desta igrexa no ano 1609 dicindo que era un anexo da parroquia de Serres e que só se misaba de 15 en 15 días debido á difícil subida até o lugar e a escaseza de veciños.
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Referencias bibliográficas:
HOYO, Jerónimo del: Memorias del Arzobispado de Santiago
Haz clic para acceder a 22396CA011.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo