E ti, de quén ves sendo?

p/ Antón Lameiro.

En Muros os alcumes familiares son máis antiguos que os titulos noviliarios, e cada un é verdadeiramente un título por sí mesmo. Non hai familia que non sexa coñecida por o seu alcume, e aínda que un bo número deles poidan soar pexorativos, teñen en xeneral un tono cariñoso e usanse en confianza.
O «apodo» ou alcume é un sobrenome usado en troques do nome, moitas veces está referido a unha particularidade da persoa ou da familia, sendo posible un derivado do lugar de nacemento, un defecto físico, ou a unha profesión, etc.
Dun tempo a esta parte o uso dos alcumes decaeu moito dentro da nosa comunidade. Indiscutibelmente, a principal finalidade destos (burlas á parte) é simplemente distinguir unha persona de outra cando moitas teñen o mesmo nome. Por exemplo, non hai moito tempo atrás, en Muros acostumábase a poñerlle ao primero fillo en nacer o nome dun dos pais, dos avós, ou o de ámbolos dous. Tamén era bastante frecuente poñerlle o nome do patrón ou de calquer outro santo da parroquia, co resultado de que moita xente acababa por ser bautizado co mesmo nome. Os apodos, deste xeito, axudaban a saber de quén era cada quén. Hoxe en día, segundo un estudio que fixo La Voz de Galicia, a díversidade dos nomes é algo que está en alza, e os modernos Brais, Noas ou Antías, estarían a desplazar aos populares Manolos, Marias ou Xoans. En conclusión, e salvo alguha que outra excepción, os noutrora enxeñosos alias que tanto nos caracterizaron por xeneracións poderían algún día chegar a desaparecer o non seren xa máis necesarios. Por outra parte, estarían tamén a minguar por que cada vez nos ofendemos tamén con máis facilidade, e tomámos calquer burla cara á nosa persoa con vastante menos humor do que se facía antes. Nunha cultura tan proclive o individualismo como é a nosa, o feito de chamar a alguén polo alcume antóxanse cada vez menos cortes, e contrario o que queiramos pensar, na era do internet, dos móviles e dos ordenadores a xente non está tan ben comunicada como adoitamos pensar.
Falando «seriamente»e para rematar, vai ser máis que dificil que nun futuro acabemos contestando – ¡Son de Uxia da Surfera, de Brais de Wai, ou da Pachocha Sibernética! – cada vez que alguén pola rua nos pare e nos pregunte ¿e ti, de quen vés sendo?
Picture14Picture15

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s