Manuel Silva Fernández (Manuel da Roura)

Manuel Silva Fernández (Manuel da Roura)

Picture10
Picture9O 29 de outubro finou, en Caracas (Venezuela), o loureán Manuel Silva Fernández (Manuel da Roura), quen, emigrado desde hai máis de medio século en terras tan lonxanas, endexamais esqueceu a súas raíces, o seu Louro natal, sempre presente nun home feito a si mesmo, loitador incansable polas liberdades; de verbo áxil e reflexivo e, home de longas conversas, foi xustamente merecente da categoría de mestre de mestres.
Escritor prolífico, como articulista e narrador dos aconteceres e andares da vida, a súa prosa nunca nos deixou indiferentes. Coa súa pluma sóubonos engaiolar con pequenas e grandes historias de acó e de aló, pero sobre todo de Louro, os seus costumes, tradicións, a súa idiosincrasia .
Como poeta, Manuel da Roura foi un consumado versificador vivencial. Nos seus poemas, sempre expresivos, sinceiros e sinxelos, Silva Fernández cóntanos as cousas cotiás, como poucos o poderían ter feito.
Manuel da Roura foise, pero queda con nós un grande legado literario para disfrute de quen se acerque a el con ollos gorentos. Oxalá algún día podamos velo impreso.
Dende TMT, vaia por diante o noso máis sentido pesar a todos cantos o quixeron (que son moitos) e tiveron a honra de ser correspondidos con singular afecto.

«Sit tibi terra levis»

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s