O CERA

p/ Manuela Tajes
O Estado regula o exercicio do dereito constitucional de sufraxio mediante a Lei Orgánica, LOREG 5/1985, de 19 de xuño (LOREG). Teñen o dereito de voto para os cidadáns de idade que estean inscritos nos censos electorais.
O Censo Electoral español comprende o Censo de Electores Residentes (CER) e o Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA). A inscrición no CERA dos veciños ausentes que viven no exterior realízase a través dos Consulados, i é obrigatorio para os españois que residen permanentemente no exterior. A inscrición no CER faise a través do padrón municipal en España
O CERA e o Censo Especial de Residentes Ausentes, e neste censo están rexistradas as persoas maiores de dezaoito anos que teñen a súa residencia no estranxeiro e ás que o Estado lles recoñece o seu dereito a participar nos procesos electorais que se celebren en España. Segundo as estatísticas ofrecidas polo INE a 1/9/2014 había censados no estranxeiro 1730 emigrantes de orixe ou residencia no concello de Muros. ( A 1/4/2014, o CERA era de 1705 persoas).
Estes 1730 muradáns residentes en países estranxeiros son os maiores de dezaoito anos. A estes habría que engadirlle os fillos dos emigrantes menores de idade, co que a cifra de muradáns no exterior podería facilmente acadar as 2000 persoas.
O censo total de Muros (a 31-12-2013) era de 9281 persoas. Descontados os residentes ausentes, a estas alturas do 2014 a poboación total de residentes presentes no noso concello lixeiramente superaría as 7000 persoas.
Sacar conclusións non é nada difícil. Os números cantan mal para un concello que ano a ano sigue perdendo poboación. Outra cousa é atopar solucións a un problema de despoboamento que frea calquera progreso.

Picture11

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s