Entrevista Manu García, candidato á Alcaldía de Muros polo BNG-AA

En maio de 2015 vanse celebrar as eleccións municipais, Vde. se presenta como cabeza de lista do BNG – Asambleas Abertas, contenos algo de seu perfil biográfico e humano.

No BNG – Asembleas Abertas presentamos moito máis que un cabeza de lista. Somos un grupo de persoas novas na política, que entendemos que as vellas políticas só conlevan pobreza e emigración, que provimos de diversos ámbitos sociais e laborais, e que estamos dispostas a continuar o camiño comezado por Domingos Dosil no Concello de Muros. Un camiño baseado na transparencia, na democracia real e na participación cidadá. Queremos un ConcelloImagen1 que estea ao servizo do pobo, axundando á veciñanza no seu día a día, e procurando solucións para o gran problema que ten o Concello de Muros: O Desemprego e o éxodo xuvenil. Traballaremos sen descanso no fomento de dinámicas que creen emprego, e poremos, a través dun servizo público de emprego, os mecanismos necesarios para facilitar o aceso das persoas desempregadas a procesos de selección, tanto no ámbito público como no privado.

Porqué naceu en Vde. a vocación política?

As persoas que nos presentamos na lista do BNG – AA decidimos dar o paso de asumir este reto por que somos conscientes de que ningunha outra forza pode ser garantía de Futuro para Muros. A nosa vocación nace na fartura e na necesidade de vivir nun concello realmente democrático.

Antes de ser candidato participou Vde. en movementos sociais?

A maioría dos membros da lista provimos de distintos sectores sociais, desde o asociacionismo estudantil e xuvenil, ata as asociacións culturais, deportivas e veciñais. Somos un equipo no que se recollen as distintas realidades sociais do noso municipio. En concreto, eu participei en distintas asociacións estudantís e colaborei cunha sociedade deportiva.

Cómo foi o seu nomeamento como cabeza de lista ?

Como foi sempre, no BNG-AA os membros das distintas listas elíxense asembleariamente. Neste caso concreto, a Asemblea Local do BNG de Muros abriu o proceso de presentación de candidaturas. Un membro da Asemblea propúxome a min como candidato. Ao non rexistrarse máis candidaturas, a miña candidatura única foi refrendada unanimemente pola Asemblea Local.

Un político, nace ou se fai?

No noso caso, dedicámonos á política por que estamos convencidos de que o futuro depende de nós. Se en Muros non goberna o BNG-AA, se a opción elexida polas veciñas é outra distinta a nós, só hai vellas formas, difamación, inculpacións… Se queremos futuro digno para Muros, so hai unha posibilidade de progreso e de garantía democrática: BNG – Asembleas Abertas.

Ante os casos de corrupción, cal sería a súa aptitude?

Entendemos que a corrupción é o mellor exemplo de que precisamos democracia real no concello. Co PP-PSOE non hai futuro, por que as súas políticas amparan a corruptos, ou a actitudes corruptoras. O BNG – AA eliminará a man política nos procesos de contratación de persoal, para acabar dunha vez por todas cos rumores de enchufismo e prevaricación en Muros. A transparencia e a publicidade son ferramentas imprescindibles para acabar ca dúbida nos procesos de selcción, polo que crearemos un organismo público que se encargue das contratacións de persoal laboral e manteremos totalmente ao marxe da decisión aos cargos políticos, e achegaremos á sociedade os medios necesarios para acceder a toda a información relativa ao funcionamento do día a día do Concello.

Considera xusto que os emigrantes non podan votar nas municipais?

No BNG – AA consideramos que a política municipal ten que estar en mans das persoas que diariamente, ou habitualmente, convivimos en Muros, sexa cal sexa a súa procedencia.

Qué necesita o noso Concello con mais urxencia?

Muros precisa un proxecto de goberno que asente dinámicas de creación de emprego e que se convirta nun lugar onde a nosa xuventude soñe con vivir. Muros precisa de goberno de FUTURO, que poña o Concello ao servizo dos seus cidadáns.

Cree que a política estatal ten repercusións na política local?

Ca última reforma do PP na que practicamente deixan sen liberdade de actuación real aos Concellos, queda constatado que ten moita non, demasiada repercusión. No BNG – AA apostamos por Concellos onde as persoas podan participar libremente e decidir entre todas o rumbo que debe tomar o seu municipio.

Porqué cree que os muradáns deben votalo a Vde., e non a outr@ ?

Por que nós somos futuro. Muros precisa un cambio xeracional que garantice máis democracia, a través da transparencia na xestión e do fomento da participación cidada, para rematar cas vellas prácticas políticas corruptas e desfasadas.

Si fora elexido, que sería o primeiro que faría?

O que faremos como goberno do primeiro ao último día será traballar por mellorar as condicións de vida no noso Concello. Queremos que Muros sexa o lugar onde a nosa xuventude soñe con formar o seu proxecto vital.

Nesta lexislatura que remata, cal cree que foi o mellor logro que se conseguiu, e cal, o non conseguido ?

No BNG-AA entendemos que esta lexislatura foi, de longo, a peor lexislatura desde que existe a democracia. O Goberno saínte entreganos un concello moribundo. Muros precisa dun novo equipo de goberno que sexa garantía democrática e que traballe na creación de emprego e na mellora das distintas actividades económicas que sustentan á nosa xente.

Xa para rematar, resuma en dez liñas o seu programa electoral.

Desde o BNG – AA, presentamos un proxecto de futuro para Muros que abra ás portas do Concello aos seus veciños e sexa unha ferramenta útil no seu día a día. Queremos un Concello que solucione os problemas reais dos seus habitantes, e non que sexa unha fonte constante de máis problemas e atrancos. Democracia e transparencia para rematar ca sombra da corrupción, participación cidadá, humanización das zonas urbanas, mellora dos servizos sociais, defensa e promoción da cultura propia e sobretodo, dinamización ecónomica e creación de emprego, son os principais eixos sobre os que xira o noso proxecto. Sabemos que Muros pode ser un lugar digno e fermoso para vivir, e temos as ferramentas para conseguilo. Entre todas as persoas que convivimos aquí, cun goberno aberto e participativo, podemos conseguilo. Muros ten futuro se os seus veciños poden traballar e vivir aquí. Domingos Dosil puxo en marcha os mecanismos para a creación de emprego e para facer de Muros un lugar digno para vivir. Nós daremos un paso máis, crearemos FUTURO.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Entrevistas y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

4 respuestas a Entrevista Manu García, candidato á Alcaldía de Muros polo BNG-AA

  1. Javi dijo:

    Moita sorte Manu. Penso que o BNG debe volver ó Concello …e paréceme que así vai ser.

    Me gusta

  2. Moita sorte, Manu. Non hai dúbida de que ti es o candidato no que os muradáns poden confiar máis.

    Me gusta

    • Manu García dijo:

      Grazas pola confianza pagafantastiko. Confiamos en que a maioría das veciñas e veciños pensen coma ti 😀 Responderemos a tanta confianza con transparencia e traballo, que lle devolva a Muros o FUTURO que lle roubaron.

      Me gusta

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s