E cómo poñemos a mesa nas Américas?

p/ Manuela Tajes.

Despois de escribir da “cociña nas Américas”, alguén me preguntou que como se pon ou ordena a mesa “nas Américas”. Pois, de ordinario, creo que se ordena como en todo o mundo: pratos, garfos, coitelos, vasos, servilletas, etc, colocados deImagen1 maneira que o comensal os teña a man, e non teña que estirar os brazos molestando aos demais.

O mais doado e sempre facer que os comensais estean cómodos, pero cando se teñen invitados a cousa é facer que a mesa (como escaparate da comida), teña unha vista agradable aos ollos dos invitados, e para elo nada mellor que armala con algo de gusto e sobre todo poñerlle especial coidado a simetría do conxunto.

Que non falte un bo mantel; que a vaixela estea impecable e sobre todo, (e creo que é o mais importante) que os comensais se sintan coma na súa casa. Non vou inventar nada novo, pois como xa dixen, aquí case todo se fai como aí, e do que vou explicar hai infinidade de xente que ten escrito centos e centos de manuais.

Para empezar, -si fora posible-, o mantel debe facer xogo coa vaixela que estea moi ben pranchadiñoImagen2 e que colgue igual por tódolos lados da mesa. No centro da mesa pódense pór unha flores pero procurando que non impidan que os comensais se podan ver. Colocar os pratos en orde inversa ao seu uso. A servilleta, que será sempre de tela, colocarase a esquerda do prato ou sobre el, e dobrada de forma sinxela (en forma de rectángulo ou triángulo).

Preparados os pratos, toca pór os cubertos.

O coitelo, a pa de peixe e a culler á dereita do prato (o coitelo co fío mirando ao prato). O garfo á esquerda. Os cubertos dispóñense de tal maneira que os primeiros que se utilizan son os máis afastados do prato, e os que se utilizan en último lugar osImagen2 máis próximos a este.

Os cubertos de sobremesa colócanse en fronte do prato (entre este e as copas): o garfo mirando á dereita e a culleriña ou coitelo mirando á esquerda. As copas sitúanse en fronte do prato. Hai varias maneiras de dispoñelas, pero a máis ortodoxa é en fila e un pouco desprazadas cara á dereita do prato. A orde das copas será: de maior a menor tamaño e de esquerda a dereita. Empezando pola esquerda, primeiro a copa de auga, logo a de viño tinto e logo a de viño branco; entre estas dúas últimas colócase a copa de cava. En fronte do prato, un pouco á esquerda, colócase o pratiño do pan. O pan cortarase coa man (nada de coitelo), e os miolos, a ser posible, que caian no pratiño (que para algo se pon).

Por último, non se poñen cinceiros na mesa. Se houbese fumadores entre os comensais os cinceiros só seImagen4 sacarán cando se sirva o café. O que lle guste fumar entre prato e prato, que se aguante, que fumar na mesa, ademais de malo para a saúde e de moi mala educación.

Posta así a mesa, o tamén importante é que as viandas gusten aos invitados, e que o servizo dos pratos se faga en orden (nada de servir a ensalada de postre). Para saber si un comensal rematou o prato, fixo unha pausa, ou non lle gustou hai unha linguaxe co uso dos cubertos. Así, si un comensal pon pon os cubertos que está usando en forma de triánguloImagen5 sobre o prato, quer dicir que fixo unha pausa. Si os pon en forma de cruz, está dicindo que xa rematou e que espera polo seguinte prato. Si os pon en vertical, quer dicir que xa rematou e non quer mais comida. Si os pon en horizontal, está dicindo que o prato foi excelente e si non lle gustou porá os cubertos encima do prato co fío do coitelo entre os dentes do garfo. Isto último non sole verse cando temos invitados na casa, que, prefiren calarse (e creo que o facemos todos). De todos os xeitos en América a maneira mais usual e simplificada é de poñer o coitelo e o garfo en triángulo indicando unha pausa e en diagonal da dereita ao centro, que rematou.

O pano da mesa Imagen6non se usará nunca como babeiro. Despois de despregada non debe volver poñerse na mesa ata rematada a comida e se un ten que erguerse debe deixala na cadeira. Finalizada a sobremesa e se se abandona a mesa para tomar café noutro lugar, entón o pano da mesa pode permanecer na cadeira ou se o anfitrión o fai, deixala na mesa pero sen pregar.

Pois xa está. Pero como ben pensades, hai mil e una maneiras de pór a mesa…que cada un terá o seu particular estilo, pero o importante será sempre coidar dos convidados como si foran un mais da casa. E por último, a hora de recoller a mesa, fregar e aviar a cociña, recordarlle aos homes da casa que tódolos días e o Día Internacional da Muller Traballadora. Eles o entenderán perfectamente. Saudiños dende as Américas.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s