O NOSO SERRES

p/ José Vázquez Rama (Pepe do Conde)

Serres é unha das sete parroquias do Concello de Muros que segundo o padrón municipal de 2013 conta con 2.088 habitantes, dos que 1.091 son mulleres e 997 homes, sendo a segunda parroquia en número de habitantes do noso Concello. Imagen2A poboación de Serres está distribuída en 13 núcleos principais: A Acea, con 208 hab.; Anido, con 17; Avesada con 27; Badernado con 206; Boavista, con 207; Burleo, con 23: O Castelo, con 40; Portugalete, con 95; A Retorta, con 98; A Rocha con 64; Serres, con 328; Serres de Arriba, con 92 e Valdexería, con 113. Este noso Serres nada ten que ver coa outra poboación que tamén chamada Serres se atopa en Grecia, na Macedonia, a 70 km, de Tesalónica. e que ten cerca de 60.000 habitantes. Con ser pequeno o noso Serres, non por elo deixan de ser importantes estas coplas que de antigo se cantaban:

O lugariño de Serres

é pequeno pero forte;

para pasar por él

hai que sacar pasaporte.

  En España levan como apelido o topónimo Serres, un total de 720 persoas, pero ningunha delas habita en Serres, Muros, ou no resto de Galicia. Un total de 251 fano na provincia de Barcelona, e outras 289 en Tarragona. En Madrid hai Imagen132 persoas co apelido Serres.

A parroquia de Serres está baixo a advocación de San Xoán Bautista. A igrexa parroquial de San Xoán Bautista sufriu ao longo da súa historia diferentes ampliacións e remodelacións. A partida máis antiga conservada no seu arquivo é de 1600. No século XVIII a Confraría da Nosa Señora das Dores financiou a construción da capela maior, incorporada ó corpo principal da igrexa. No ano 1792 construíuse o corpo e as dúas capelas da igrexa, obra que fora adxudicada a Ramón de Sande, mestre de obras de Muros. En 1982 levouse a cabo unha gran ampliación, quedando o edificio actual con planta de cruz latina, sacristía, presbiterio, nave central e dúas capelas.

En 1984 remodelouse o presbiterio, desprazándose cara adiante o altar de pedra incorporado ó retablo, tamén de pedra. Engadiuse tamén un sagrario de pedra atopado entre escombros. En 1991 volveuse ampliar, quedando a nave central de forma cuadrangular.

A economía de Serres case sempre se sustentou no sector agrario e gandeiro, considerándose durante moito tempo a despensa natural de Muros, a máis de ter tamén un vínculo estreito co sector do mar, básicamente co marisqueo a pe e con embarcacións de artes varias. Todo isto complementado con moito mariño mercante i emigración en Europa e América. Na actualidade, Serres acolle a meirande parte dos servizos públicos do Concello: Cartel da garda Civil, Centro Médico, piscina, polígono industrial, colexios, institutos, punto limpo, etc. Grazas, sobre todo, á boa e desinteresada disponibilidade xeral dos veciños a aportar o solo necesario na procura do ben común, que non sempre foi agradecida e ben retribuída polas institucións á hora de devolverlle, de algunha forma, esta boa dispoñibilidade na procura duns bos servizos para todo o Concello.

Xente traballadora e, sobre todo, honesta, da que un se pode fiar. Entendo que merece unha mención especial a vocación desinteresada de servizo público de moitos parroquianos, algúns integrados en asociacións como a Comunidade de Montes, que ó mesmo tempo colabora con outras de tipo cultural, deportivo ou, simplemente, con grupos de veciños que buscan o ben común por vocación e de forma desinteresada, dando un bo exemplo do que deberían de aprender moitos mandatarios, en vez de velo solo como algo que lles resta protagonismo.

Eu definiría ós de Serres como xente de palabra. Lémbrome dunha frase que escoitei algunha vez, e que agora está en desuso, dicía: «a miña palabra é un documento», i era verdade, aínda que alguén sempre se queira aproveitar da bondade dos demais.

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Vivencias y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s