Contestación atinada

p/ Marcelino García Lariño

Como todos sabedes hai moitas clases de contestacións. Unhas moi afortunadas e outras que non din nada; hainas que comprometen, tamén nas haiImagen6 insultantes, inxuriantes, abraiantes, ofensivas, provocativas e tamén aldraxantes. E non digamos xa as afagantes, aduladoras e eloxiantes.

E tamén, como igualmente sabedes, hai moitas formas de preguntar: Unhas veces con malicia, outras con retranca, con maldade, perversas e moi ruíns. Hai de todo, igual que as contestacións. Moitas veces no se pregunta só para saber, senón para humillar ou desprezar.

Hai tamén quen se da moi boa maña para preguntar, que ten facilidade e sabe arrincar o que desexa saber, que é mesmo que dicir que sabe tirar da lingua. E por contra, tamén hai quen sabe dar resposta e replicar de mala maneira deixando quedar mal o que, talvez con mala intención, fixo a pregunta.

Ás veces soamente están o preguntador e o preguntado, e outras que se fan e se contestan á vista do público, como esta que vos vou contar:

O cura da parroquia e máis Antonio do Chascarraschás eran veciños, pero non tiñan moito roce que digamos por non dicir ningún; cada un andaba ó seu e aguantaba como podían os seus cotiáns quefaceres, que non eran poucos. Aínda que vivían bastante preto un do outro apenas se vían, pois un andaba ó mar e outro adicábasImagen7e as cousas do clero.

Mais un día, co gallo do enterro dun conveciño, don Manuel, o crego, viu ó Antonio na igrexa, e moi amable, non lle coubo o pan no corpo, arrechegouse a el, e díxolle:

–Antonio, ó cabo de doce anos que levo na parroquia, é a primeira vez que che vexo na igrexa.

E o Antonio, moi afable tamén, contestoulle:

–Pois eu nos trinta anos que levo pescando ó bacallau en Terranova tampouco vin a vostede por alá.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s