p/ Elixio Vieites.
Tipo de ben: Fonte, Concello: Muros Parroquia: Esteiro (Santa Mariña) Lugar: Maio, O Outra denominación do ben: Fonte do Maio Cronoloxía: Século XX, Descrición: Fonte de pedra situada en Esteiro, no barrio do Maio, e que consta dun tronco central e unha gran pía octogonal feita de bloques de granito. Cada lado da pía está feito dun só bloque que ten adorno de aresta, cerca da base, e borde redondeado e saínte na parte superior para facer de pousadoiro. O tronco central de catro lados con adorno de moldura ao nivel dos canos e rematado en pequena cornixa coroada con forma piramidal estriada que serve de basea unha figura de copa. Cada lado do tronco cuadrangular ten un cano que verte polo medio de dúas barras de ferro que serven de apoio aos recipientes de recoller auga. Segundo a placa que consta nun muro do entorno, foi feita polo canteiro alcumado “O Neto de Reboredo “ en 1911 e sendo o alcalde daquel ano D. José Romaní. Á fonte foi anovada no 2001, e fíxoselle unha homenaxe no 2011, no seu centenario, o cal foi celebrado polos veciños con diversos actos.
Propiedade: Pública Uso actual: Equipamento Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Elementos mobles: Tradición oral: Referencias bibliográficas:
http://www.quepasanacosta.com/?p=10659
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA018.pdf (pax.7 de 18) Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si Está cuberto de maleza: Non Está afectado por algunha obra: Non Estado de conservación: Moi bo Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizada:
Latitude: 42.7973924021 Lonxitude: -8.97480010986