Na eternidade, amor, máis prodixiosa.
p/ Rioderradeiro (Manuel Mª Pena Silva)
Co corazón escribo. É cousa dura.
É dura de pelar a despedida.
É dura de parar esta tortura
que abrolla torrencial pola ferida.
Co corazón esculpo unha escultura,
esencia dunha estampa inmaculada;
excurso, divagar, literatura,
refén a túa estancia imaxinada.
Seguro, alá, no Edén, hai un regazo
onde te acolleu Deus como é debido;
por certo, o teu ladrar foi promovido
coma expresión de fe de fondo trazo.
SÚA, fiel e formal, pura e preciosa,
na eternidade, amor, máis prodixiosa.
(Rioderradeiro)