ARCHIVO ADXUNTO
p/Alianza Uhía Patiño
Archivo Adxunto nace no 2012, cando tres amigotes de sempre deciden xuntarse para facer o que máis lles gusta, a música. Rapaces de pouco máis de 14 anos que teñen de cómplice a Juan na Nasmo. E dende aquela ata aquí, que xa pasaron 3 anos, aí seguen.
Cuns poucos concertos ás costas, locais de Muros que lle deron a oportunidade, soñan con poder seguir e facer grandes concertos.
Son os tres de Serres, Muros, e a súa característica máis carismática é o bo rollo que desprenden, xa que entre eles, a amizade está por encima de todo, e nunca discuten nin se enfadan, máis ben, ao contrario, cando se xuntan a tocar e compoñer, a música flúe soa.
Tocan un estilo rock-punk, coa velocidade do punk pero combinada con ritmos rock.
17 anos e tres compoñenetes na máis, pero xa están co proceso do seu primeiro disco. Con algún temas xa gravados a súa maior ilusión é acabar a maqueta e empezar a dar concertos para conectar e gozar co público.
Eles son:
Adrián Bouzas, á guitarra e voz.
Yeray Santana, ao baixo eléctrico.
Javier Fernández, batería e percusionista.