p/ Alianza Uhía Patiño
DESTERRADOS
Os Desterrados está formado por 5 compoñentes de Serres e Louro: Pincho (Guitarra Solista, 30 anos), Will (Guitarra rítmica e coros, 30 anos), Cayona (Voz, 32 anos) e Mauro (Batería, 18 anos), coa colaboración de Dani Metal ( 25 anos) de baixista, pero eles sempre din que a banda é de Baño, porque foi onde naceu.
Son todos autodidactas sen ningunha formación, agás Mauro que foi un curso a clases de batería; a súa música nace do que escoitaron, non do que aprenderon.
Comezaron pouco despois da apertura da Sala Nasmo en Muros. Da formación orixinal só se mantén Cayona, aínda que se pode considerar a Pincho e Will membros orixinais, porque a partir da súa entrada comezaron a saír cancións e o proxecto colleu forma dabondo como para arrancar a tocar por diversos garitos. Dende o 2010 ata o 2013 máis ou menos, Cayona tocaba a batería e Jurjo era baixista e cantante. Jurjo deixou a banda e entrou Juan do Bolo para tocar o baixo, cantando Will durante varios concertos e nunha primeira maqueta gravada por Jesús de Barrighada en Baño. Para a entrada do 2013, ficharon a Mauro para a batería, e así poder Cayona dedicarse ao que de verdade lle gusta, que é o espectáculo e mezclarse entre o público mentres canta. Despois de gravar unha nova maqueta con 3 temas en marzo de 2013 no mesmo estudo de Jesús, batería de Barrighada, comezamos a presentar os novos temas saídos coa nova incorporación por pubs da zona (O Muíño (nunha ocasión xunto a Miguel Hernández de Siniestro Total e Rómulo Sanjurjo de Diplomáticos de Montealto), A Caverna…), no festival Asaghieiras, e locais como o da Associaçom Xebra de Burela, o Coletivo Chimarrao de Ferrol, o Garaxe de Carral, nunha xuntanza de aniversario da serie de Mareas Vivas, na Gentalha do Pichel en Santiago, etc. Os últimos concertos fixéronos en Abril de 2014 (No Marbella de Muros xunto a Trapos Sucios) e a principios de Xuño o concerto final no festival Figueira do Meco no Grove. A partir de aí fixeron un parón polo acusado estancamento da banda e diferenzas internas. Pasados 9 meses retomaron os ensaios e participan co concruso de bandas organizado polo pub A Caverna, e posiblemente sexa a súa despedida como os Desterrados que están actualmente.
Eles defínense a sí mesmos coma unha banda de «Rock Jallejo», xa que cantan na variedade dialectal do galego da nosa zona. Fan Hard Rock, Heavy Metal e incluso se atreven co Speed Metal.
Teñen composicións propias e fan tamén versión de grupos da escena galega, básicamente dos Suaves e Terbutalina.
Dificultades para manterse xuntos e seguir hai moitas, pero o máis difícil é se non hai iniciativa por parte dos membros, se todo se empeza a estancar … Unha queixa que queren plasmar para intentar corrixir é que en Muros, no seu propio pobo, a xente (incluso músicos e bandas) non se presta nin ir aos concertos nin apoiar proxectos, e moitas veces, por cuestións de orgullo e pequenas diferenzas que non chegan a comprender. Podedes ver a súa última maqueta no enlace http://osdesterradosgz.bandcamp.com/ e tamén en Youtube, onde hai varios vídeos da banda en diferentes concertos.