p/ Alianza Uhía Patiño
Metalcrú
Metalcrü naceu no verán de 2010, tendo os primeiros compoñentes 13, 16 e 21 anos. Eles son son os tres de Louro e fanse chamar Mauro, Dani Metal e Juan do Bolo. Catro colegas (nun principio tamén estaba Álvaro) que soñaban con ser Judas Priest, Metallica ou Iron Maiden …
Son autodidactas, agás Dani que se formou nun comezo na Esmu de Muros, pero que tralo seu paso pola Escola de Música de Carnota perfeccionou a súa técnica metaleira.
Tocan versión e experimentaban temas novos, pero á banda faltáballes algo …. Fixeron un par de actuacións no 2011, e unha vez que entraron a ensaiar na Nasmo, a cousa cambiou.
Son Dani, Mauro e Juan seguían aproveitando as horas de ensaio e os consellos, e conseguiron que se uniran a eles Zubiela (30 anos, Baño) e Pincho (29, Baño), tendo por fin unha formación sólida e de calidade. Coas vidas e dificultades de cada un, houbo máis cambios, Pincho abandonou a banda por falta de tempo e Dani Metal ao ver a nova iniciativa entrar no 2013. A partir dese momento, Metalcrü renace como unha banda nova que mantén un nome manchado por un pasado de simples versións e concertos mediocres, pero con expectativas moi altas e iniciativas sólidas.
Zubiela achegara 2 composicións antes da entrada de Dani, as cales estaban fortemente influenciadas polo Thrash Metal da vella escola (os primeiros discos de Anthrax, Metallica, Slayer) e tamén bandas míticas como Motorhead ou Judas Priest. Dani achegou un toque máis melódico ás composicións pola súa afección ao Power Metal, tomando o mando como compositor principal, mentres Mauro se encargou de facer todas as letras. Juan do Bolo abandonou o grupo e incorporou Roldán, baixista de Carnota.
As súas expectativas son positivas. Actualmente teñen 8 temas (todos en galego) completados, e participan no Concurso da Caverna. Van gravar novos temas na Sala Nasmo ante unha saída cara o público a medio ou longo prazo, porque, aínda que levan todo con calma, hai gañas de amosar polos locais da zona e polas cidades os nosos temas, xa que posúen potencial baseado na combinación dun Metal clásico, ortodoxo e puro coa lingua galega (alternando galego normativo coa variedade da nosa zona fisterrá), algo que non está nada explotado no país.
En fin, que Metalcrü atópanse nunha difícil situación por culpa da indispoñibilidade do solista, aínda que esperamos retomen a iniciativa a raíz do incentivo que supuxo un primeiro concerto solidario co local de ensaio para poder mostralo dunha vez por todas ao público e que o Metal teña o seu oco nunha grandiosa escena muradana dominada polo punk-rock.
Teñen páxina en facebook e déixovos unha foto para que vos vaian sonando as súas caras!!!!