A fragata da Virxe do Camiño

p/ Manuel Lago Alvarez

Na igrexa da Virxe do Camiño, á dereita do presbiterio, no altar maior, hai unha bellísima maqueta dun buque de guerra do século XIX: unha fragata de tres paus, que ostenta o nome de «Tránsito». Esta maqueta, de antigo, estaba encostada áImagen1.pngparede da esquerda, fronte ao primeiro arco carpanel do coro alto.

Non existen datos que fagan historia da presenza da maqueta no Santuario. Tampouco a tradición oral foi capaz de achegamos aos feitos de mar que motivaron que, capitán, oficiais ou mariñeiría, fixesen ofrenda da maqueta á Virxe do Camiño, seguramente despois de verse envolvida a nave nalgún perigo de naufraxio, ataque ou persecución, dos que se librou grazas á mediación da Virxe do Camiño.As fragatas a vela eran buques de guerra cun desprazamento de entre 2000 e 5000 toneladas de rexistro bruto. De tres paus e velas cadradas, dispoñían de baterías de canóns que nunca superaban o número de cincuenta. A maqueta da fragata Tránsito, dispón de vinte e oito por costado, polo que é de supoñer que fose artillada como navío de liña.

Chama a atención que no mastro de proa do barco hai unha bandeira a cadros azuis e brancos. Estas bandeiras utilízanse na navegación marítima paraImagen2.png transmitir mensaxes, xa sexa entre dúas ou máis barcos, ou entre un barco e a terra ou o porto. Para ese efecto existen bandeiras de diferentes formas e cores, das cales cada unha representa unha mensaxe. Cando un barco necesita transmitir unha mensaxe consistente nunha ou varias palabras, ou números, iza no mastro de proa as bandeiras que representan as letras e números da mensaxe, aliñadas de arriba cara abaixo. Se a mensaxe é máis longo, repetirase a operación cunha letra do alfabeto internacional, así como os números do 1 ao O. No caso da maqueta da fragata ‘Tránsito», a bandeira aImagen3.png cadros azuis e brancos (NOVEMBER) é visible, pero nalgún momento debeu estar acompañada da bandeira «CHARLIE», o que significaría que o buque anunciaba que estaba en perigo e necesitaba auxilio inmediato.

A situación de perigo na que se viu a fragata «Transito», debeu suceder despois do ano 1857, xa que a partir dese ano fíxose mundial o uso do Código Internacional de Sinais (CIS). Con toda seguridade, o nome de Tránsito que ostenta a maqueta, non pertence ao buque orixinal. Nos arquivos da Armada Española non existe buque algún, que fose botado co nome de «Tránsito». Pola contra hai unha referencia a unha Corveta con ese nome, da que foi terceiro piloto o recoñecido mariño Don Mariano de la  Lastra e Aranberry, nacido en Santander no ano 1827.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia, Sin categoría y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s