Resumindo: Un ollo de vidro.

  1. a) Nome do autor: Alfonso Rodríguez Castelao.
  2. b) Título da obra: Un Ollo de Vidro.

Breve resumo: O protagonista da historia é un esquelete que contanos a súa vida de morto,as historias dos seus compañeiros os esqueletes e o que lle pasou o seu pai.

1.Autor.Bibliografía e obra: Alfonso Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, naceu en Rianxo no ano 1886, e morreu no exilio -en Bos Aires- en 1950. Foi emigrante nos primeirosImagen3.png anos da súa vida. Pai do nacionalismo galego, Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Estudiou medicina, pero confesaba: “Fíxenme médico por amor a meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade”. Polifacético novelista, debuxante, caricaturista, pintor, teórico da arte, político, sempre reflexou na súa obra o seu compromiso co galeguismo e co mundo. Durante o exilio franquista, e no 1944 publica “Sempre en Galiza”, e convértese en primeiro presidente do Consello de Galiza, o goberno do país no exilio.

Os seus debuxos, complementados con agudos textos, amosan a Galicia rural, o caciquismo, os pobres, os cegos, os desamparados, o pobo que sofre… E nos últimos álbumes, os horrores da Guerra Civil. Como narrador, comeza con ‘Un ollo de vidro’ en 1922 e con Cousas, Retrincos e Os dous de sempre, establece un conxunto único na narrativa galega que culmina con Sempre en Galiza, conectando literatura e política e teoría do galeguismo, o que o fai e un dos principais impulsores do Estatuto Galego de 1936. Castelao é sen dúbida o galego máis destacado do século XX. En 1964 adicanrolle o Día das Letras Galegas

2.Temas principais e secundarios da obra: O tema principal da obra é a vida do esquelete o que lleImagen2.png pasou co seu ollo de vidro,e os temas secundarios son as breves historias que conta das vidas dos seus compañeiros os esqueletes.

  1. Argumento: O protagonista cóntanos que un día enfermoulle un ollo e foi o médico, non lle fixeron nada pero quitáronlle unha chea de cartos. Un día estaba agachado dándolle de comer da man o seu galo Tenorio; acercouse e picoulle no ollo deixandolle o seu ollo torto. Volveu o médico e despois de quitarlle outra chea de cartos puxéronlle un ollo de vidro.

Morreu entre cobertores como morren os bos homes, afeitado, peiteado e co seu traxe de festa. Enterráronno sen quitarlle o seu ollo de vidro. Despois de que os vermes deixáronno sen nada ata que quedouse sen a pouca febra que levaba.

Unha noite de luar foi cando erguiuse e saiu por primeira vez da súa cova. Estaba sorprendido aquel ollo que non lle servía para nada de vivo servImagen4.pngíalle para ver de morto. Estaba tolo de contento e foi cara ó rueiro dos esqueletes.Fixouse nun esquelete que tiña a calivera ladeada,axiña decatouse que era un esquelete de muller e preguntoulle porque razón había morto.A muller díxolle que morrera de tristura,morrera namorada do home que descansaba debaixo da pedra que estaba sentada.Non quixo saber nada máis daquela muller e foise.

Para matar o tempo acercouse o cemiterio civil,alí todos son máis serios.Acercouse a un grupo de esqueletes pero ningún de eles falaba galego.

Un esquelete varudo e forte afastouno do grupo. ¡Era un inglés que falaba galego!

É moi amigo do inglés, xuntos paseaban moitas veces.Explica que hai moitos esqueletes que aprobeitanse de outros,como por exemplo un esquelete que era poeta pedíalle a outro a calivera para poder recitar o poema de Hamlet. Agora entendía porque o inglés tíñalle tanto aprecio,pedíalle o ollo para poder ver pero el dixéralle que non.

Empezou a contarlle a unha moza a historia da sua vida.Lembraba que cando era pequeno o seu pai viñera da América pero non trouxera nada máis que uns borceguíns vellos e un tarro de bicarbonato;o seu pai viña enfermo e morreu axiña.Mais el dicía que era digno de voltar millonario e san.

Un día estaban no rueiro falando das súas vidas e tocoulle o turno de contar a súa.Aínda non rematara de contar a súa cando un esquelete ergueuse e deulle unha forte aperta. ¡Era o seu pai!

Despois duns días o seu pai cun lagarto nas masn díxolle que tiña que ir a San Andrés de Teixido para cumprir unha ofrenta que non cumpliu en vivo.

Contoulle que a súa alma tíñase que encarnar en aquel lagarto e que iba tardar bastante en voltar; así que encargouno de cuidar a súa cova.

Desde facía uns días ía reparando a un home de carne e óso que saía dunha cova e ía cara á cidade. Unha noite foi detrás del. O principio cría que era un pantasma pero non,era un vampiro.Como non estaba tranquilo foi a informarse e preguntar sobre os vampiros…O seu amigo,cheo de ciencia oficial cría que os vampiros eran os mortos que morreron cos ollos abertos,o coiro sonrsado,a boca e a nariz chea de sangre fresca ….

Despois de acabara de decir todo iso…preguntou como se lle podía dar morte a un vampiro e o seu amigo respondeulle que queimando o cadávere.

Non quixo saber máis e foise pensando que debían queimar a tódolos cacíques.

  1. Personaxes: Os persoaxes principais son dous:

– O Esquelete: conta que lle tiveron que sacar un ollo e de vivo non vía con el e de morto ese ollo servíalle para ver.

-O Inglés: é o seu mellor amigo e a pesar de ser inglés fala galego.

 

 

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s