O Altar Maior da Virxe do Camiño.

p/ Manuel  Lago Álvarez.

 O actual altar maior data do ano 1660, e fóra mandado construír polo rexedor de Vila, Domingo Xiance de Caamaño e a súa esposa, María de Patiño, quen custeou integramente a súa construción. Deste feito hai constancia por unha inscrición situada detrás do sagrario, que di:

“ESTE RETABLO SE HIZO Y PINTO

POR DEVOCIÓN Y A COSTA DEL REGIDOR

 DOMINGO XIANCE DE CAAMAÑO Y DE

MARIA PATIÑO, SU MUGER. —AÑO DE 1660”

 Realizado en madeira policromada en tons dourados apagados, o seu estilo é visiblemente barroco e consta de varios camaríns que aloxan diferentes imaxes relixiosas, Imagen5.pngdestacando no centro, sobre o sagrario, unha representación da Virxe do Tránsito, recostada nun leito de finas almofadas. A imaxe foi esculpida e alabastro e conserva as súas pinturas orixinais. En tempos pasados o camarín da Virxe tapábase cunhas finisímas teas de seda, descubríndose só cando o Cabido da Colexiata muradá celebraba misas maiores no Santuario. Neste camarín, á esquerda, hai un óleo sobre táboa, que representa a unha muller chorando cun pano nas súas mans. A construción do retablo forzou que se tapiara a ventá da fachada este, debaixo do cal hai unha imaxe gravada en pedra, que semella a un sacerdote con roupa tallar.

No alto do retablo, hai un escudo antigo da Vila que é reprodución do que está impreso nun documento do ano 1571, polo que o Rei Felipe II confirma uns privilexios outorgados á Vila, polo Rei  D. Sancho IV, no ano 1280.

O escudo en forma de “Losange” (figura romboidal na que o rombo está colocado de xeito que un dos ángulos agudos quede por pé e o seu oposto por cabeza.), contén, sobre fondo azur, un castelo de ouro con tres torres do mesmo metal, e apoiándose no castelo, á súa dereita, en actitude rampante (agarrándoo), un león tamén en ouro, e a ambos os dous lados do castelo e do león, a palabra MUROS, dividida en dúas sílabas (MU-ROS), e todo dentro do citado rombo.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s