Resumindo: Cantares Gallegos.

Cantares Gallegos é unha obra poética de Rosalía de Castro publicada no ano 1863.
Foi o marido de Rosalía, Manuel Murguía quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira Imagen7.pngpara a poesía galega. Ía ser prologado por Nicomedes Pastor Díaz, mais finou antes de que fose editado.

No limiar, Rosalía confesa a súa idea de desenvolver as cantigas populares galegas emulando o Libro de los cantares de Antonio Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares. Así pois, todos poemas, agás dous, son glosas de cantares, procedemento este que tamén aparecerá, inda que con pouca relevancia, en Follas novas. Algunhas glosas están escritas en metros populares («Miña casiña»; «Vivir para ver»; «¡Padrón…!, ¡Padrón!»…) e outras non («Cada cousa no seu tempo»; «Eu por vos»…).

Cando o Romanticismo europeo volveu os ollos cara aos costumes populares e sacou do fondo dos séculos a conciencia dos pobos, Rosalía de Castro sumouse no seu primeiro libro, Cantares galegos (1863), a esa corrente para converter a alborada poética dun pobo no inicio oficial do rexurdimento. Poucas linguas teñen na súa recuperación tras séculos de esquecemento dun texto tan acabado e tan meritorio; sen o triunfo decisivo deste libro sería impensable o triunfo posterior da literatura galega. O conxunto de trinta e sete poemas que contén Cantares galegos é, a primeira vista, a interpretación das costumes socio-culturais galaicas e a exaltación da beleza xeográfica e folclórica que conmovía á autora. Pero, ademais, algunhas composicións afirman con forza o sentido autóctono, completando ao dimensión e a eficacia do título nunha dobre vertente: canto e loa de Galicia, pero tamén, rexeitamento dos prexuízos contrarios á súa terra, comparando as belezas da terra galega con outras rexións favorecidas «fortuna pero non na beleza dous campos.

Todos os críticos consideran que Cantares Gallegos supera os riscos da paráfrase, mantendo o encanto da copla glosada sen se converter nun texto inexpresivo.
A finalidade de Cantares Gallegos fica ben clara no prólogo do libro:

“Ben din que todo neste mundo está compensado, e vén así a sofrir España
dunha nación veciña que sempre a ofendeu, a misma inxusticia que ela, inda máis culpabre, comete cunha provincia homillada de quen nunca se acorda, como non sea pra homillala inda máis. Moito sinto as inxusticias con que nos favorecen os franceses, pro neste momento casi lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerllemáis palpabre a España a inxustica que ela á súa vez conosco comete.

Foi éste o móvil principal que me impeleu a pubricar este libro que, máis que nadie, conoso que necesita a indulxencia de todos. Sin gramática nin regras de ningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarán ós oídos dun purista; pro ó menos, e pra disculpar en algo estes defectos, puxen o maiorcoidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo, e penso que o conseguín en algo…”  (Do Prólogo a Cantares Gallegos, 1863).

Non está confirmada a data exacta da publicación de Cantares Gallegos, pero tómase como tal a data expresada por Rosalía na dedicatoria do poemario a Fernán Caballero, asinada o 17 de maio de 1863.

A Real Academia Galega aprobou en 1963 convocar o Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, celebrándose ese mesmo ano en honra de Rosalía.

BIOGRAFÍA DA AUTORA

Rosalía de Castro é a figura máis importante do Primeiro Renacemento galego. Naceu en Santiago de Compostela, en 1837, como froito das relacións entre unha fidalga e un sacerdote. Desde ben nena pasou a vivir coa súa nai, primeiroImagen8.png na zona de Padrón e, a partir de 1850, en Santiago de Compostela. Nesta cidade Rosalía será testemuña da terríbel fame e do andazo de cólera de 1853- 54 e vivirá o fervor revolucionario deses anos. É probábel que iniciase a súa formación na Sociedade Económica de Amigos del País, mentres asistía con regularidade ao Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As correntes ideolóxicas que imperaban no grupo, e que permanecerán sempre na obra de Rosalía, eran o socialismo utópico e o republicanismo democrático.
Posiblemente non fose casual que a marcha de Rosalía a Madrid, en 1856, coincidise coas represalias contra os participantes no Banquete de Conxo, organizado polo grupo do que ela formaba parte, aínda que o máis probábel é que se desprazase á Corte coa intención de se dedicar profesionalmente á escrita. Alí casou con Manuel Murguía en 1858 e publicou as súas primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e mais a novela La hija del mar (1859). Nesta última aparece xa a Rosalía feminista, a escritora que, dentro dos estreitos límites que lle impón a época, fai unha alegación en defensa dos dereitos da muller

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A nosa Lingua y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Resumindo: Cantares Gallegos.

  1. HombreDHojalata dijo:

    Dise: «Rosalía de Castro sumouse no seu primeiro libro, Cantares galegos (1863), a esa corrente..»
    Porén »Cantares galegos» non é o primeiro libro de Rosalía. Véxanse »La flor», 1857; »La hija del mar», 1859; »Flavio», 1861 e »A mi madre», 1863.

    Me gusta

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s