p/ Xocas Figueiras.
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Louro
Outra denominación do ben: Fonte de Convento
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición: Situada no recinto interior do Convento e na horta traseira, no baixo dun alpendre moi degradado e cun gran exceso de cemento e bloques. A fonte está presidida por unha pequena fornela coa imaxe de Santa Rosa de Lima, a auga cae directamente nun cubo feito con pequenas pedras. Todo o conxunto atópase afeado polo exceso de cemento, o verdello que cobre as paredes e os cableados que percorren as paredes.
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Referencias bibliográficas:
«Louro, guía de fontes». Equipo de Normalización Lingüística do Colexio Público de Louro, coa colaboración da Mancomunidade de Montes en Man Común de Louro.
Afeccións:
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizada:
Latitude: 42.763614893
Lonxitude: -9.07434198259