Resumindo: Memorias dun neno labrego.

Memorias dun neno labrego é un libro sobre a vida dun raparigo de nome Balbino, que habita nunha aldea galega da primeira metade do Imagen9.pngséculo XX. Aínda que a súa familia é moi pobre, el ten acceso a poder escribir no seu caderno as súas aventuras diarias, os seus pensamentos e reflexións, que acabarán conformando o contido do libro.

O protagonista pódese describir como un neno de aldea un pouco retraido, causa inherente tal vez á condición económica da súa familia, pero é á vez curioso e aventureiro. De feito, a primeira frase coa que comeza é toda unha declaración do que vén: «Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén.

 

PERSONAXES:

Balbino: é o protagonista principal. É un neno de familia labradora con ansias de aprender e facer cousas.

A nai de Balbino: É o refuxio espiritual do protagonista.

O Pai: Representa a rectitud e as cousas ben feitas, o modelo de home a seguir por un fillo.

Tía Carme: é a tía de neno. É o outro refuxio do neno, o comodín Imagen10.pngcando non atopa nos pais o que busca.

O padriño.

O Señor: é o cacique da aldea. A súa figura representa o poder absoluto, o control de todo o que pasa na aldea e a imposición e o abuso de alguén a quen hai que temer.

Manolito: fillo do «cacique», un abusón que se aproveita da súa superioridade, e que terá unha disputa co protagonista, que virá representar os novos tempos que chegan onde todo xa non estará permitido, e que a poboación ten ganas de cambios.

Lelo: o mellor amigo do protagonista que terá que emigrar a América. Representa a ruptura de lazos de amizade sen ter unha explicación que ao neno antólleselle próxima ou racional.

Celia e Miguel: os dous irmáns de Balbino.

Eladia: a mestra de Balbino. O primeiro amor do neno: a típica primeira profesora do que todos os nenos namóranse cando empezan a romper lazos coa súa nai.

 RESUMO DO LIBRO

A obra está dividida en 21 capítulos dunha fácil lectura, aínda que nos tempos actuais certas palabras contidas no texto están a caer en desuso, e fará que un crío que aborde esta obra talvez teña que acudir unas cantas veces ao dicionario, pero en xeral é unha lectura moi amena e en cada capítulo trátase un tema diferente a través da vida do neno:

– No capítulo primeiro empeza describíndose el mesmo, pasando polas aventuras da súa vida diaria en varios capítulos, mesmo nun critica o mundo dos seus maiores abertamente, dándolleImagen11.png a capacidade de non ser conformista nun medio rural de fortes imposicións sociais e clasistas.

– Noutro capítulo a desgraza da emigración do seu irmán maior é narrada polos seus ollos infantís, algo que o vai como positivo pois poderá quedar coas cousas que deixa atrás o seu irmán…

– Nun capítulo central aborda a morte do seu can a mans dun veciño e como afronta ese transo.

– Xa nos últimos capítulos relátanse as súas vivencias nunha das festas máis ancestrais en Galiza que é a do solsticio de verán (que a igrexa se apropiou denominándoa de San Juan, pois sempre foi unha festa popular e é moi anterior á constitución da igrexa católica), e que a min lembroume os meus anos cando vivía na miña aldea con moito agarimo porque son anos que non volverán, e vívense de diferente forma no ambiente rural e no urbano, saíndo gañando o rural, desde logo.

– Finalmente, outro dos capítulos aborda a morte na súa familia, e como el vea. E outras situacións como a perda dun amigo que como o seu irmán tamén emigra, o encontro coa igrexa e o papel que el fará como monaguillo, o coñecemento dunha moza agora de maneira diferente…

 ==ANÉCDOTAS DO LIBRO==

O libro foi publicado por primeira vez en Buenos Aires en 1961 pola editoral que el mesmo fundou, Follas Novas, polo que en 2010 celebráronse os 50 anos da súa primeira publicación cun retrato realizado por outro emigrante, Luís Seoane. Tivo tan boa acollida entre os lectores da emigración, que en sucesivas edicións foron enviadas a Galiza para a súa distribución, gozando dunha boa acollida.

De feito, foi traducido ás linguas máis faladas do mundo, desde o inglés ao portugués, pasando polo italiano, francés, alemán, ruso, checo, e mesmo ao chinés.

O AUTOR

Xosé Neira Vilas é un escritor de ida e volta. Marchouse como emigrante a Arxentina en 1949 onde fundará unha editorial fundamental para a literatura galega, Follas Novas; en 1961 emigra a Cuba xa casado coa escritora Anisia Miranda.

Naceu o 3 de novembro de 1928 na aldea de Gres, no concello pontevedrés deVila de Cruces.

Tras trinta e un anos en Cuba, regresaron a Galicia en 1994 onde se encargan da dirección da Fundación Xosé Neira Vilas, ademais de levar a cabo labores culturais e xornalísticos.

Neira Vilas foi membro numerario da Real Academia Galega, ten no seu haber o doutoramento Honoris Causa polas Universidades da Coruña e A Habana, foi Premio da Crítica Española en narrativa e premio da Crítica Galega en ensaio.

Memorias dun neno labrego ten a honra de ser o libro máis lido da historia da literatura galega. Nela reflíctese o mundo rural e a emigración vista desde a óptica dun neno.

Tamén escribiu numerosas obras de poesía, ensaio, e traduciu obras doutros autores ao galego, ademais de ser autor de varios libros en castelán. Neira Vilas faleceu o 27 de novembro de 2015.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A nosa Lingua y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s