Coplas Muradanas publicadas no diario “El Correo de Galicia”, o 11 de agosto de 1915, por D. José María Moar.
¡Qué bonita é a sardiña que
relumbra como a prata
¡Mais bonito é o meu amante
que co as redes as mata!
O bailar dos estudantes
un bailar máis que lixeiro:
por moitas voltas que dean,
nunca lles cae o diñeiro.
A túa color, meniña,
¡A túa coor voóu!
¡orballou a chuvia nela…
sobre do chover, nevou!..
Comprache unha parlamenta
coidando que te casabas,
Inda has comprala de seda
¡e quedarte como estabas!
Pendentiños nas orellas
bendita gala che é,
a camisiña no lombo
o zapatiño no pe.
Cinta negra na camisa,
encarnada no calzón,
amarela no chaleque
e negra no pantalón.
Indo por alí abaixo,
troquei un can por un galgo;
a sangre toda é vermella,
quen ten diñeiro é fidalgo.
Décheme unha pera parda,
nin a comín nin a dei;
inda cha teño gardada
por non che perder a lei.
¿Quen son aqueles tres mozos
que van por aquel portelo?
O lagarto e malo sapo
e tamén o escarabello.
Eu achei, eu achei
tres cousiñas que encontrei;
en decindoo catro veces,
para min as levarei.
Meu Manuel, meu Manueliño,
fillo dunha regateira;
toda a semana no mar,
ao domingo na Ribeira.
Teño un amor celosiño,
Non me deixa abriles ollos;
¡como a elo quero ben,
Coida que así é de todos ¡
¡Ela, de Baño ha de ser,
ela ten que ser de Baño,
a auga que hei de beber!
¡Pola costa da Armadiña,
churruschús, viva. San Paio
churruschús, San Paio viva!
¡De Sestaio para riba,
si che parece montaña,
tamen a min me parescia¡
¡Viva Muros„ viva Muros,
terra onde me eu criei!:
viva tamén Santiago,
onde os amores tomei!
O Santo Cristo da Praza,
vai na nosa compañía;
a Virxe da Soledá,
queda na Porta da Vila.
0 lugar de Miraflores
de lonxe parece vila:
ten un caravel na entrada,
unha rosa, na salida.
Adios Muros, adios Muros,
a vista che vou. virando
¡non sei que me queda nel,
co corazón vai penando!
Miña Santa Madanela,
Miña Madanela Santa,
téndela casa no monte
onde os paxariños cantan!
Cando me eu marche de Serres,
as pedriñas choraran:
chorá, pedriñas de noite,
que eu marcho pola mañán.
Adios, laxe da Meixide
e o baixo da Ximiela;
adios, rapazas de Lira,
que me vou para Fisterra.
Dia de San Juan de Serres..,
dia triste para min..!:
¡ai, chamabase Xuaniña
a prendiña que perdín!
¡Quen me dera estar na Creba
e na Creba, ter un pino,
para velo que se pasa
esta noite en Portosiño!
Maruxiña, ponte tesa,
que te quer teu pai casar;
tan dereitiña me poño
que non me podo baixar.
Vente, ventiño do norte,
vente, ventiño mareiro,
vente, ventiño do mar,
pola punta de Cabeiro.
Este ano non hai sardiña,
¿que farán os cataláns?
andarán pola Ribeíra
tírando pedras aos cans.
Polo Salto morre xouba,
en Laxeiras, xirelada;
sardiñas de cuarta e media,
morren na praya Romana.
Moza que vas peneirando
polo río da Barquiña,
moza que vas peneirando
¿onde bótala fariña?
Heime de casar en Louro,
en Louro, cunha louriña;
Nosa Señora de Louro,
ha de ser mina madriña!