Os beneficios das Terapias Asistidas con Animais de Compañía nas residencias de anciáns .

p/ Cintia París

Son moitos os casos de persoas maiores que teñen que trasladarse a unha residencia deixando atrás a súa casa, pertenzas e amizades. Cada vez danse máis casos, pois os estilos de vida tornaron e os fillos e familiares desas persoas maioreImagen1.pngs non se poden facer cargo deles e das súas necesidades específicas, xa que traballan e realizan diferentes tarefas ao longo do día. Que pasa se unha desas “pertenzas”, unha desas cousas que deixas atrás, e que tanto che doe, é unha mascota? Que fas con ela cando te mudas á residencia xa que nela non te deixan ter un animal de compañía?

Existen moitos casos de anciáns que por ingresar nun centro entran alí cunha tristeza enorme de non poder levar aos seus fieis amigos con eles, é un duro trago e unha separación moi importante que fai que moitas persoas acaben inmersas nunha depresión ou nunha debilitación da súa saúde. Hai residencias que admiten animais de compañía , mais son moi poucas e non todos se poden permitir desprazarse a unha delas en exclusiva.

Fai xa algúns anos, demostrouse que a compañía de animais afectaba positivamente na saúde dos máis maiores facendo que a súa vida encamiñárase a unha mellora de saúde, tanto física como mental. A convivencia cun animal axúdalles a sentirse útiles  xa que teñen que estar pendentes deles e teñen a alguén co que o amor é recíproco e as mostras de cariño son continuas. A calidade de vida das persoas maiores que conviven con cans, por exemplo, mellora moito e obsérvase unha redución do estrés e séntense máis felices e menos sós. Os cans son ideais para os anciáns xa que lles obrigan a moverse, a saír, a relacionarse e a ter unha aptitude máis voluntaria e activa.

Aínda que a maioría de residencias non admitan as mascotas dos seus residentes, si que poñen en práctica, cada vez máis, as Terapias Asistidas con Animais de Compañía (TAAC) xa que, como Imagen3.pngse di anteriormente, demostráronse moi boas para a saúde dos pacientes.  A TAAC é unha modalidade de tratamento terapéutico na que un animal, que compre determinados criterios, forma parte integral dun proceso. Esta terapia está dirixida por un profesional e ten como obxectivo fomentar a melloría do funcionamento físico, social, emocional e cognitivo das persoas. Nunha enquisa realizada en EE.UU observouse que, as persoas maiores de 65 anos que tiñan un can, sufrían depresión con moita menor frecuencia que os que non o tiñan. Nesta enquisa conclúeuse que o can podería actuar como soporte das emocións, converténdose, desta forma, nun ser no que se poder confiar e a quen se lle fala, dándolle ao ancián un apoio fronte ao aillamento e a soidade. Outro estudo nunha residencia de persoas maiores, observouse que os animais melloran psicoloxicamente a eses anciáns e devólvenlles o sentido de humor debido ao entretemento que producen.  O contacto cos animais tamén aporta beneficios na memoria a curto e longo prazo e nas estimulacións multisensoriais.  É por este motivo polo que as residencias inclúen cada vez máis as terapias con animais.

Nas residencias atopámonos con moitas persoas cunha gran necesidade de afecto e de contacto físico que un animal coma o can ou o gato pode axudar a saciala. Algúns residentes péchanse aos demais e somérxense nun estado de apatía e tristura e o contacto cos animais fan que esas persoas falen, rían e se mostren máis activas. Como xa apuntabamos con anterioridade, existen moitos beneficios para as persoas cando se poñen en marcha as Terapias Asistidas con Animais de Compañía mais, en resumo, poderíanse destacar as seguintes:

Fai sentir ben.

Transmiten relaxación, tranquilidade, seguridade e calma.

Mellora a autoestima e a satisfacción emocional.

Mellora a calidade de vida.

Dan alegría, fidelidade, humanizan e melloran o entorno vital.

Facilitan a comunicación co propio animal e cas demais persoas.

Trabállase a memoria remota.

Diminúe a tensión arterial.

Mellora a responsabilidade de tarefas e estimula a actividade.

Reduce a agresividade.

Aporta unha maior capacidade de atención.

Contribúe a un maior e mellor uso da lingua tanto verbal como de signos.

Palian o sentimento de soidade.

Preveñen e axudan a recuperación de enfermidades cardiovasculares.

Pódese observar que os beneficios que os animais teñen sobre as persoas son moi grandes. As persoas de larga idade precisan dun motivo que lles axude Imagen2.png activarse, a estar felices, a seguir adiante cas súas enfermidades xa sexan físicas ou psicolóxicas. As residencias non poden parar de levar a cabo as terapias con animais xa que aportan un sopro de vida aos que xa lles queda pouca. As regulacións no ámbito da xeriatría deberían de ofrecer a oportunidade de levar a súa mascota xunto con eles cando se muden á residencia porque xa é duro dabondo tornar de vida.

As protectoras de animais atópanse con casos de persoas nestas situacións, nas que teñen que buscarlles unha nova familia a súa mascota sen eles mesmos querer separarse dela, só porque non llo permiten. Está claro e máis que demostrado que os animais son unha fonte de vitalidade e enerxía, polo tanto, non os afastemos de nós.

 

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s