Centro de Interpretación e musealización do patrimonio mariñeiro de Muros

Fotografías: Manuel María Pena Silva.

As obras acometidas no ano 2015 na capela do cemiterio (presbiterio da antiga parroquial de San Pedro) e contigua capela da Gracia (antiga sancristía) realizáronse coa axuda económica da Xunta de Galicia, a través do Grupo de Acción Costeira GAC4.    Aínda que a subvención concedida foi máis ben escasa, os promotores da actuación souberon administrar extremadamente ben os recursos concedidos pola Administración.

Na páxina web do GAC4, leemos:

Estratexias, obxectivos e prioridades do proxecto

 Principais obxectivos do proxecto:

  1. Creación dunha ruta cultural con sinalización.
  2. Adecuación da colexiata para visitas.
  3. Conversión da antiga capela de San Pedro nunha recepción de visitantes e interpretación do patrimonio.
  4. Elaboración de material informativo e promocional impreso.
  5. Creación dunha páxina web.

Principais actividades do proxecto:

Centro de interpretación e musealización do patrimonio mariñeiro

Resultados concretos previstos:

O que se espera con este proxecto é dar forza a un servizo cultural que será de interese turístico nunha vila na que a pesar do servizo que xera (conxunto histórico, porto, gastronomía, etc) ten dificultades para manter o sector turístico. Lograr un impacto en Muros tanto pola súa visibilidade física (centro de interpretación) como polo seu contido vinculado á memoria local.

Eixo temático do Proxecto:

Turismo (incluída pesca-turismo, turismo mariñeiro, etc.) patrimonio, cultura e deportes.

Novos servizos (prestación de servizos non dispoñibles no ámbito territorial do grupo).

Organización de eventos de formación e divulgación.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s