p/ Manuel Lago Álvarez.
Muros é unha Vila na que os nomes das súas rúas non deixa indiferente a ninguén. Paciencia, amargura, soidade, descanso, esperanza, sufrimento, etc., son algúns do nomes das rúas polas que transitamos e transitan, propios e alleos. No decorrer dos anos algúns nomes delas foron cambiando, pero o saber popular non deixou de chamarlles como sempre e dende antigo se lles coñecía.
Actualmente, o que se tenta é que o nome das rúas cambien o menos posible. Un dos motivos é que hai implicacións fiscais e implicacións de localización, é dicir, se se cambia o nome á rúa é máis difícil saber onde está situada. As rúas han de ser localizables no espazo, pero antigamente, os nomes das rúas cambiaban continuamente.
Na actualidade, o nome das rúas pono o pleno municipal. En épocas anteriores, os nomes das rúas poñíanos os veciños. Desde a Idade Media, os veciños elixían nomes significativos da zona onde estaba situada a rúa: Rúa dos Fornos, Hospitalillo, Fonte Vella… Tamén se daba nome ás rúas segundo os oficios ou actividades económicas dos seus habitantes.
Ata 1850 as autoridades non interveñen á hora de poñer nome ás rúas. A partir do 1850, o Estado solicita os planos das poboacións e os concellos vense obrigados a intervir á hora de dar nome ás rúas. Como o século XIX é un século moi conflitivo, no que hai moitos cambios políticos, os que gobernan ven que unha forma de dar publicidade ao seu partido é dar nome ás rúas con personaxes da súa ideoloxía. Entón póñense nomes de personaxes ilustres. Tamén se poñen nomes de santos (en 1863 a actual rúa do Anxo, chamábase rúa de San Antonio), e tamén antigamente dábanse nomes ás rúas onde había lugares de culto: rúa do Carme, que antes de 1787 era a rúa do Fortaleza, rúa de San Xosé, San Roque, Virxe do Camiño, etc.
E saíndo de Muros… non é doado atoparse noutras poboacións co nome de “rúa de Muros”. En moi poucas poboacións existe; as poucas son, -entre outras-: a rúa Muros de Galicia, en Xixón; a rúa de Muros, en Roxos; a rúa Vila de Muros, en A Coruña; a rúa Muros de San Pedro, en Bilbao. Acerca desta última, o acordo de darlle o nome adoptouno o concello de Bilbao en data 28 de febreiro de 1977 (ARCHIVO MUNICIPAL DE BILBAO-BILBOKO UDAL ARTXIBOA. Acuerdo de la Comisión Municipal Permanente de 28 de febrero de 1977), acordo adoptado gracias ao interese do sempre recordado muradano Don Antonio Otero Ramos, que naquel intre formaba parte da Corporación Municipal de Bilbao como concelleiro en representación do Tercio Familiar.
Por parte do Concello de Muros, o acordo tomouse no pleno celebrado o 29 de novembro de 1976, por unha moción presentada polo entón alcalde Don José María Monteagudo Romaní. O texto da moción decía:
“La circunstancia de que muchos vecinos sean marineros, hace que por razón de embarque y desembarque toquen en muchos puertos españoles, pero de modo especial por su importancia y movimiento en el de Bilbao. Consecuencia de ello es que en la Villa de Bilbao se hallan establecidos e modo más o menos permanente muchos muradanos que hacen notar su presencia en muchas de las actividades de dicha Capital, hasta el punto de que en las últimas elecciones municipales haya sido elegido Concejal por el Tercio de Representación Familiar de dicha Villa de Bilbao, el Ilustre muradano D. Antonio Otero Ramos, que por su amor al pueblo donde reside y este su pueblo natal ha promocionado de modo notable las buenas relaciones entre esta Villa de Muros y la de Bilbao.
Por todo ello estimando que sería un motivo más de estrechamiento de relaciones entre los dos pueblos el materializar el nombre de la Villa de Bilbao en un lugar de esta Villa cuya vista serviría de emocionado recuerdo a los que por allí han pasado y vuelvana residir aquí o nos visiten, propongo que se dé el nombre de “VILLA DE BILBAO” a una de las calles nuevas de Muros, comunicando el acuerdo que se adopte al Excmo. Ayuntamiento de Bilbao”.
A Corporación municipal de Muros, por unanimidade, fixo súa a moción e acordou logo de tramitar o oportuno expediente, dar no nome de “Villa de Bilbao” á rúa sen nome que dende o Castillo conduce ao barrio de San Roque. Pasados os anos (na década dos oitenta), e xa ao fronte do Concello outro alcalde, cambióuselle o nome, polo de Rosalía de Castro. Merecente foi dedicarlle esta rúa a insigne poetisa, pero ben podían trasladarse o nome de Rúa de Bilbao, a outra rúa da Vila, pois, que se coñeza, a día de hoxe, Bilbao sigue tendo unha rúa que se chama “Muros de San Pedro”.
Os actos de inauguración da nova rúa de Bilbao foron moi soados. A case totalidade do Corporación municipal de Muros desprazouse a Bilbao para participar no acto que se celebrou o 23 de abril de 1977. Con gran afluencia de público, incluídos moitos muradán que residían en Bilbao, e presidido polo alcalde de Bilbao Don José Luis Berasategui Goicoechea e polo alcalde de Muros, Don José María Monteagudo Romaní, para honra de Muros e as súas xentes, doúselle o nome de Muros a unha rúa da capital vizcaína.
A Muros, non fixo falta que chegara a Lei de Memoria Histórica. Na década dos oitenta, sen acordo plenario algún, fóronse cambiando os nomes da rúas que facían mención ao antigo réxime. A praza de José Antonio pasou a chamarse Praza de Galicia; a Avenida Calvo Sotelo, Avenida de Castelao, a Plaza del Generalísimo a Curro da Praza, e así outras. Aínda sen acordo corporativo, nada que reprochar, tan solo dicir, que por moito que se cambien os nomes, a memoria das xentes sabe moito máis. E nese cambio imperativo do nome dalgunhas rúas, pasouse moi por alto, a lembranza dalgún insigne muradán, como foi o caso do Doctor Don Antonio Novo Campelo, (https://themurostimes.com/2015/02/24/a-nosa-xente-16/) eminente médico, escritor e publicista, Catedrático e Decano da Facultade de Medicina de Santiago, a quen a ignorancia da historia de Muros e das xentes que lle deron nome, borrou do noso rueiro. Solo engadir que un pobo que ouvida aos seus é un pobo condenado a olvidarse a si mesmo.