A Capela dos Portals

Do libro de Santi Llovo “MEMORIA SALGADA DUN POBO”

Tal e como se pode comprobar na descrición da casa almacén de Esteiro no inventario de 1872, previo á constitución a primeira sociedade dos Portals, Imagen2.pngdaquela non estaba feita a capela adosada á vivenda familiar. Temos que remontarnos a 1890 cando José Portals Boris solicitou autorización para construíla ao Arcebispado de Santiago. Segundo me transmitiron descendentes deste fomentador, esta pouco frecuente idea de construír unha capela adosada á casa-almacén familiarImagen1.png xurdiu como consecuencia de que o seu fillo máis novo, Félix, estaba neses momentos a estudar para crego. O certo foi que Félix abandonou de contado a súa carreira eclesiástica pero a capela finalmente construíuse.

Segundo o expediente instruído na Secretaría de Cámara e Goberno do Arcebispado de Santiago, a autorización resumíase no seguinte:

El 9 de marzo de 1891 se autorizó a José Portals a la construcción a sus expensas de una capilla pública unida a su casa habitación. A tal efecto el Cura Párroco informó de la conveniencia de la construcción de la dicha capilla para que en ella puedan oír la Santa Misa las personas de la familia del suplicante y los muchos operarios de la contigua fábrica de salazón”. A solicitude de autorización tívose que respaldar co apoderamento dun banqueiro, o veciño de Santiago Olimpio Pérez Sanz, que garantiu tanto a propia construción da capela, como a dotación de todo o necesario para o culto.

Entre outras condicións, o documento de autorización indicaba o seguinte:

  • La capilla habrá de tener puerta a la calle para la entrada de los fieles y se pondrá en ella una campana para llamar a actos del culto”.

Quedará destinada perpetuamente al culto divino”.

A capela tiña, e ten, dúas alturas e entradas. Unha a nivel da calle, para servizo xeral, e outra, con acceso directo dende o piso superior da vivenda, para uso da Imagen3familia. Na actualidade unicamente se abre en datas moi sinaladas, como o 19 de marzo, día de San José. Aparte doutras imaxes relixiosas, no interior da capela atópase a chamada “Virxen da Creba”, imaxe que segundo parece presidía a ermida que antigamente existía na illa do mesmo nome.

Inmediatamente despois da capela, polo seu levante, construíuse na mesma época outra edificación destinada a cuadras. Esta estrutura de almacén, casa, capela e cuadras dos Portals da Ribeira do Maio mantívose ata a segunda década do século pasado, onde o que fora almacén e estancias accesorias, como a tribuna, o encascador, o alfolí e a vivenda dos mariñeiros, transfórmanse nunha fábrica de conservas, un muíño e un serradoiro.

===

 

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s