p/ Elixio Vieites.
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Concello: Muros—Parroquia: Muros ( San Pedro) Lugar: Miraflores – Cronoloxía: Idade do Ferro, Descrición: O emprazamento do castro correspóndese aos asentamentos situados no medio dunha pendente pois aproveita as últimas caídas que fan os montes que delimitan os concellos de Muros e Carnota. As ladeiras que miran ao mar, pola banda leste e norte son moi escarpadas e acusadas, mentres que polo sur e leste continúan en suave aumento cara o monte que se estende ata as últimas casas de Miraflores. O seu emprazamento é estratéxico ao estar cerca do mar e ao mesmo tempo a considerable altitude sobre el, permitíndolle un bo control sobre do espazo e unha doada defensa. Segundo Agrafoxo , conserva un só recinto, de imprecisa delimitación, e a existencia de defensas artificiais soamente se pode verificar na banda da acrópole castrexa que dá ao sur e oeste. Nesta parte obsérvanse numerosos penedos que reforzan o asentamento e elévano con respecto as terras de labor cun desnivel máximo duns 3 m. Pola banda sur e do leste o estudo do sistema defensivo é máis complicado. Non é doado o achegamento ao castro e menos precisar as antigas entradas ao atoparse completamente cuberto de maleza e pinos. Parte do recinto debeu ser destruído ao estar nunha zona de comunicación entre as terras baixas da costa e as próximas que se atopan a máis altura. Tamén se construíron casas cerca do castro e está a escaso metros da banda norte do campo de futbol.
Propiedade: Privada Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Referencias bibliográficas: Agrafoxo Pérez, Xerardo. A cultura Castrexa nos concellos de Outes, Muros e Canota. Cadernos Cruceiro do Rego nº5. Publicacións Sementeira . Noia 1991. ISBN 84-404-8580-8, Rey Castiñeira, P. Estudio y catalogación de los castros de la provincia de la Coruña. Gallaecia 7 e 8 1985
Afeccións: Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Onde está localizado: Latitude: 42.7799683303
Lonxitude: -9.06295895576