A voz dos nosos poetas; Outono

OUTONO

p/ Agustín González López

Tarde de chuvia riba dos lugaresImagen2.png

onde as cousas proseguen o costume

de ser, de ir, de estar baixo do outono

xacentes, mansas, como adormecidas…

Manto pluvial dos ceos, grises nubes,

auga que vén, que o tempo a precipita…

Aire fugaz que bate nas bandeiras

dos bosques en dourada decadencia…

Follas arrebatadas cara a bruma…

cabalos a trotar polo outono,

por augas e rochedos e camiños..

Frutal outono, vésperas do xeo…

Terra que paga o anual tributo

á roda xerminal que se completa…

Outono pleno, vago, declinante,

barroco altar do mundo, aurilucente…

Outono en chuvias que tamborilean

repinicando no tambor dos días…

 

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en A Voz dos Nosos Poetas y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s